Saltar ao contido

Rúa Entrerríos (Santiago de Compostela)


A rúa de Entrerríos é unha estreita rúa da cidade de Santiago de Compostela, cunha lonxitude aproximada duns 290 m, que baixa desde a costa de San Francisco, a carón do final da avenida de Xoán XXIII, até a rúa de Morón, nas Galeras, fronte ao Campo Municipal de Santa Isabel.[1] Ao final do seu percorrido encóntranse dous improtantes edificios, o que acolle a sección de Odontoloxía da Facultade de Medicina e Odontoloxía,[2] no número 1 da rúa, e, ao seu lado, no número 3, o Centro de Saúde Galeras, do SERGAS.[3]

  1. Rúa de Entrerríos Arquivado 26 de maio de 2018 en Wayback Machine. en Datosde.com
  2. USC. Odontoloxía.
  3. SERGAS. Centro de Saúde Galeras.