Julio Cano Lasso
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1920 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 7 de decembro de 1996 ![]() Madrid, España ![]() |
Lugar de sepultura | Torrelodones ![]() |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid (–1949) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto ![]() |
Membro de | |
Alumnos | Rafael Tamarit Pitarch ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
![]() ![]() |
Julio Cano Lasso nado en Madrid o 30 de outubro de 1920 e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 1996, foi un arquitecto español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 1939, rematada a Guerra civil española, comezou os seus estudos de arquitectura que rematou en 1949 conseguindo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira. En 1951 obtivo o título de Técnico Urbanista. Traballou no Instituto Nacional de Industria e posteriormente na Dirección Xeral de Urbanismo. Foi profesor da Escola de Arquitectura de Madrid entre os anos 1961 e 1970.
A obra de Cano Lasso está influenciada pola arquitectura moderna, polo seu discurso de racionalidade e eficiencia.
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]- Estudo sobre o Polígono de Campolongo en Pontevedra (1961).
- Universidade Laboral de Ourense (1976).
- Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela (1986).
- Pavillón de España na Exposición Universal de Sevilla (1992).
Premios
[editar | editar a fonte]En 1991 recibiu a Medalla de Ouro da Arquitectura.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).
- Julio Cano Lasso en epdlp.com (en castelán).