Saltar ao contido

Praza do Paraíso


A Praza do Paraíso era unha praza medieval de Santiago de Compostela, que se localizaba entre o mosteiro de San Martiño Pinario e a porta norte da Catedral de Santiago de Compostela á que servía de adro, ademais era o final do Camiño de Santiago.

A praza descríbese no Códice Calixtino como un lugar empedrado no que se xuntaban habitualmente os comerciantes e artesáns da cidade. Unha fonte no medio da praza, construída en 1122, servía para que se bañasen os peregrinos antes de entrar na catedral.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]