Antonio López Ferreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de novembro de 1837 Santiago de Compostela, España |
Morte | 20 de marzo de 1910 (72 anos) Vedra, España |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Escola Superior de Diplomática |
Actividade | |
Ocupación | escritor, sacerdote católico, historiador, bibliotecario |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:López Ferreiro (Antonio), p.232) |
Antonio López Ferreiro, nado en Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1837 e finado en Vedra o 20 de marzo de 1910, foi un escritor e historiador galego. En 1978 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou a carreira eclesiástica en Santiago, onde aprendeu latín, filosofía, teoloxía e dereito canónico, até 1862, cando foi ordenado presbítero polo cardeal Miguel García Cuesta. Ó ano seguinte marchou a Madrid e licenciouse en Sagrada Teoloxía. Na Escola Superior de Diplomática dedicouse durante tres anos á transcrición de documentos galegos do Arquivo Histórico Nacional, e rematou conseguindo o título de arquiveiro bibliotecario.
En 1866 regresou a Galicia como párroco de Santa Eulalia de Vedra, desde onde continuou publicando artigos sobre as súas investigacións históricas. En agosto de 1871 foi nomeado cóengo do Cabido compostelán. En 1872 dirixiu o periódico carlista La Emancipación. Desde o seu posto de cóengo puido acceder ao arquivo documental da catedral, e aproveitalo para realizar traballos de investigación, labor no que destaca a creación da revista Galicia Histórica (publicada entre 1901 e 1903).
En 1892 foi nomeado correspondente da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona e socio correspondente da Real Academia da Historia. Foi presidente da sección arqueolóxica da Exposición Rexional de 1909.
Cultivou a novela histórica, xénero de enorme vixencia no Romanticismo que até o momento non fora tratado na literatura galega. En 1905 foi elixido académico de número da Real Academia Galega.
A partir de 1871, tras a súa designación como cóengo do Cabido da Catedral de Santiago de Compostela, fixaría a súa residencia na rúa do Castro durante un bo número de anos, e posteriormente -até o seu falecemento- no número 16 da rúa da Raíña[2].
Obra
[editar | editar a fonte]Obra literaria
[editar | editar a fonte]Deixou tres novelas históricas:
- A tecedeira de Bonaval (1894) mestura unha historia de amor e os acontecementos sociopolíticos da Galicia do século XVI: o enfrontamento entre a burguesía e a Igrexa compostelás.[3]
- O Castelo de Pambre. Leenda do sigro XIV[4] (1895) narra acontecementos históricos da segunda metade do século XIV en terras da Ulloa. Como na anterior novela, alterna unha historia de amor coa exposición do conflito nobiliario entre Gonzalo Ozores de Ulloa e outros nobres partidarios da Casa de Trastámara. Escrita co pseudónimo de K, foi reeditada en 1996 por Manuela Álvarez Lozano. Foi traducida ao castelán.[5]
- O niño de pombas (1905), de temática amorosa, esta ambientada na Galicia do século XII, co Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro como pano de fondo da acción. Foi tamén publicada co pseudónimo de K.
O propósito historiográfico fai que López Ferreiro inclúa nas tres novelas descricións de monumentos e transcricións de documentos históricos.
O autor tiña plena conciencia do seu labor a prol da resurrección e rehabilitación do idioma galego. É asombrosa a súa riqueza de léxico e sintaxe, en ocasións incluíndo arcaísmos recuperados da documentación medieval.
Ensaios
[editar | editar a fonte]- El protestantismo y los errores que de él se derivan: racionalismo y panteísmo (1862).
- La Historia de Compostela y su reprobación crítica por Masdeu (1866).
- Leyenda sobre la vida de San Pedro de Mezonzo (1872).
- El Sepulcro del Apóstol Santiago (1882).
- Galicia en el último tercio del siglo XV (Biblioteca Gallega, 2 t., 1885).[6]
- El Pórtico de la Gloria (1886).
- Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela (1898-1911, once tomos).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A tecedeira de Bonaval, 2ª ed.
-
O castelo de Pambre. Leenda do sigro XIV. 2ª ed., 1895.
-
Galicia en el último tercio del siglo XV, 2ª edición.
-
Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela.
-
A CIBDA DE COMPOSTELA ô SEU FILLO PREDILEUTO, 1911.
-
A tecedeira de Bonaval está incluída na Biblioteca Galega 120.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Figuras homenaxeadas" Arquivado 02 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. RAG.
- ↑ Antonio López Ferreiro na páxina do CEIP López Ferreiro.
- ↑ A tecedeira de Bonaval, 2ª ed. en Galiciana.
- ↑ O Castelo de Pambre en Galiciana.
- ↑ "El castillo de Pambre". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-05.
- ↑ Galicia en el último tercio del siglo XV, 2ª ed. en Galiciana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Antonio López Ferreiro |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio López Ferreiro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "López Ferreiro, Antonio". Diccionario enciclopédico galego universal 38. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 124. ISBN 84-7680-429-6.
- "López Ferreiro, Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 238–239.
- "López Ferreiro, Antonio". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1249.
- "López Ferreiro, Antonio". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "López Ferreiro, Antonio". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD) . Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Cárcel Ortí, Vicente. "Antonio López Ferreiro". Diccionario Biográfico Español. Real Academia da Historia (en castelán)
- Magariños, Alfonso (maio-xuño de 1978). "Biografía e bibliografía de Antonio López Ferreiro". Encrucillada (8).
- Santos Fernández, Carlos (2013). Antonio Lopéz Ferreiro [1837-1910]. Alvarellos Editora. ISBN 978-84-89323-86-5. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2019. Consultado o 22 de xaneiro de 2019.
- Tarrío Varela, Anxo (1985). "Estudio literario". A tecedeira de Bonaval. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 336–339. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Real Academia Galega Arquivado 02 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- Salinas, F.; Fernández Pérez-Sanjulián, C.; Martínez Teixeiro, A.; Velasco, C. et alii (2011): Catálogo de novela histórica galega, UDC.
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Historiadores de Galicia
- Día das Letras Galegas
- Membros de número da Real Academia Galega
- Nados en Santiago de Compostela
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Nados en 1837
- Finados en 1910
- Arquiveiros
- Sacerdotes da Igrexa católica latina
- Sacerdotes católicos de Galicia
- Medievalistas