Fernando Cortés Bugía
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1874 ![]() Betanzos, España ![]() |
Morte | 25 de marzo de 1948 ![]() A Coruña, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escultor , mestre , debuxante , pintor , político ![]() |
Empregador | Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) (1931–) Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) (1916–) ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de | |
Profesores | Román Navarro e Isidoro Brocos ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1a/Recepci%C3%B3n_de_Castelao_na_Real_Academia_Galega%2C_A_Coru%C3%B1a%2C_25_de_xullo_de_1934.jpg/300px-Recepci%C3%B3n_de_Castelao_na_Real_Academia_Galega%2C_A_Coru%C3%B1a%2C_25_de_xullo_de_1934.jpg)
Ingresou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi discípulo de Román Navarro e Isidoro Brocos. En 1907 converteuse en auxiliar meritorio. En 1916 obtivo a praza de profesor de ascenso, de modelado e baleirado, e en 1921, a de profesor de termo da escola. O 30 de abril de 1931 ascendeu a director do centro e a honorario deste en 1945, ano no que se xubilou. Ilustrou libros, álbums e programas de festas e colaborou en La Voz de Galicia debuxando temas de actualidade e paisaxísticos. En 1909 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega e o 27 de xullo de 1941, numerario. Pertenceu á Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e á Comisión Provincial de Monumentos.
Membro da agrupación socialista da Coruña, foi elixido concelleiro en 1913, pero renunciou ao cargo unha semana despois do seu nomeamento.
Obras[editar | editar a fonte]
É autor dos bustos de Eduardo Pondal e Manuel Murguía, emprazados nos xardíns de Méndez Núñez coruñeses; as placas de Emilia Pardo Bazán (A Coruña), Lugrís Freire (Sada) e Leiras Pulpeiro (Mondoñedo). Tamén da placa conmemorativa dos irmáns García Naveira, en Betanzos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Cortés Bugía ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Brais da Bouza [Ignacio Pérez Vázquez]: Artigo "CORTÉS BUGÍA, Fernando" en Gran Enciclopedia Galega.
- Bugallal Marchesi, José Luis: Boletín da Real Academia Galega, ISSN 1576-8767, nº. 289-293, 1946-1950 , p. 144-145 Arquivado 12 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán).
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Fernando Cortés Bugía Arquivado 14 de agosto de 2014 en Wayback Machine. na páxina da RAG
- Cortés Bugía, FernandoArquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. no Museo de Belas Artes da Coruña.