José García Acuña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1873 Betanzos, España |
Morte | 10 de xuño de 1933 (60 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Betanzos |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, escritor |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Fernando García Acuña |
José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1896 ingresou na carreira diplomática e foi vicecónsul en Nova York, Chicago, as illas Bermudas, Nova Orleáns e Porto Rico; cónsul na Guaira, Panamá, Hendaia, O Havre, Saint-Nazaire, Bombai, A Habana e Veracruz; e delegado de España na Comisión Hispano-Mexicana de Reclamacións. Colaborou en El Globo, Blanco y Negro, La Esfera, e Diario de la Marina. Foi director de El Noroeste e presidente da Federación Provincial Agraria en 1922. Ingresou na Real Academia Galega o 15 de novembro de 1932 co discurso Conquista y evangelización de la Nueva Galicia, contestado por Félix Estrada Catoyra[1].
Era irmán de Fernando García Acuña.
Obras
[editar | editar a fonte]- De vita et moribus. Solaces literarios, 1913.
- El regionalismo, 1918.
- La Mariñana, 1923.
- Idearium Regionalista: Esquema sintético de la evolución regionalista ibérica, 1924.
- Conquista y evangelización de la Nueva Galicia, 1932.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García Acuña, J.; Estrada Catoyra, F. (1932). Discursos leídos en la recepción pública del señor D. José García Acuña. Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Míguez Rodríguez, José Antonio (1986). "El ideario regionalista de José García Acuña" (PDF). Anuario Brigantino 9: 129–134. Consultado o 19 de agosto de 2012.
- Torres Regueiro, Xesús (1987). "Os animadores da prensa local (I)" (PDF). Anuario Brigantino 10: 83–90. Consultado o 19 de agosto de 2012.