Saltar ao contido

Manuel González González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel González González

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Beba, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (1997–)
Universidade de Santiago de Compostela (1983–1997) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoXosé-Henrique Costas e Ernesto Xosé González Seoane Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Enciclopedia Galega Universal Editar o valor en Wikidata
Facebook: manolodemazaricos BNE: XX1634166 BUSC: gonzalez-gonzalez-manuel-1951 Dialnet: 569569 Editar o valor en Wikidata

Manuel González González, nado en Beba (Mazaricos) o 25 de outubro de 1951, é catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Lingua en 2022.[1] Segundo a organización: é "un dos intelectuais galegos máis relevantes do último século" pola súa "dedicación ao estudo, defensa e promoción da lingua galega".[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en 1974 coa memoria A fala do Incio e doutorouse en 1980 coa tese O xugo e o carro: contribución ó estudio das denominacións dos apeiros de labranza en Galicia (inédita).

Desde o momento da súa incorporación á Universidade de Santiago, dedícase ás investigacións dos problemas lingüísticos e sociolóxicos de Galiza, especialmente na dialectoloxía e xeografía lingüística, traballo en que destaca o Atlas Lingüístico Galego (do que é coautor), así como a súa colaboración no Atlas Lingüístico de España e Portugal e no Atlas Lingüístico Románico.

Foi coordinador do Diccionario Manual da Lingua Galega (de 1991) e codirector, con Constantino García, do Diccionario da Real Academia Galega (de 1997). En colaboración con Antón Santamarina Fernández foi o responsábel do Diccionario inverso da lingua galega (1990) e do Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa), a súa obra máis relevante.

Fixo parte das comisións que redactaron as Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego (1977) e as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (1982 e 2003). Presidiu a Comisión Técnica que redactou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), aprobado en setembro de 2004.

Na RAG en 2013 con Xesús Alonso Montero.

Foi nomeado académico numerario da Real Academia Galega en 1992[3], onde ingresou coa lectura do discurso Algunhas tarefas da lexicografía galega actual[4]. Foi secretario da institución, e coordina os seminarios de Lexicografía e de Terminoloxía da Academia. Así mesmo, é director do Servizo de Terminoloxía de Galicia (Termigal) e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP).

Foi codirector, con Antón Santamarina Fernández, do Dicionario da Real Academia Galega do 2012.[5]

Tamén foi un dos tres coordinadores do Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés.[6]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. "Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia". Xunta de Galicia. 2022-10-04. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-04. 
  2. "Os Premios da Cultura Galega recoñecen, entre outros, a Marica Campo, Gayoso e Melania Cruz". Nós Diario. 2022-10-04. Consultado o 2022-10-05.  |páxina-web= e |xornal= redundantes (Axuda)
  3. "Manuel González González". Real Academia Galega. 
  4. González González, M. (2005). Algunhas tarefas da lexicografía galega actual. A Coruña: Real Academia Galega. 
  5. "Créditos do Dicionario da RAG". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 06 de xuño de 2012. 
  6. Dicionario de bioloxía: galego - castelán - inglés na páxina web da RAG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]