Saltar ao contido

Aureliano Pardo Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAureliano Pardo Villar

Busto de Aureliano Pardo Villar en Arzúa Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Arzúa, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1957 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Padrón, España Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 132265 BNE: XX1060374 BUSC: pardo-villar-aureliano-1882-1956 Dialnet: 3386888

Aureliano Pardo Villar, nado en Arzúa o 18 de xaneiro de 1882 e finado en Padrón o 13 de xaneiro de 1957, foi un frade e escritor galego.


Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou latín e humanidades en Arzúa e ingresou no convento dominico en setembro de 1898. Cursou os primeiros anos de carreira no convento de San Xoán de Corias (Asturias) e os cinco últimos no convento de Santo Estevo de Salamanca. Foi destinado ás Misións de América, pero unha grave enfermidade retívoo na Península. En 1909, durante a convalecencia, asignárono ao convento do Carme de Padrón.

Dirixiu a Asociación Regional del Santo Rosario (1913) e foi bibliotecario e sancristán maior no convento de Padrón. Tamén foi socio colaborador do Seminario de Estudos Galegos. Estudoso da orde dos Predicadores en Galicia, no boletín católico Logos publicou cinco ensaios entre 1933 e 1936, no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo o artigo “El convento Santo Domingo de Vivero” e no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense un artigo sobre o santoral (1937), que deu pé á publicación de Santoral gallego (1941). Colaborou en Faro de Vigo, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia co pseudónimo de León Yebra Oliver.

Foi escollido membro correspondente da Real Academia Galega en 1934, e en 1941 nomeárono membro de número.[1]

  • Los dominicos en Santiago. Apuntes históricos, 1953.
  1. "Aureliano Pardo Villar". Real Academia Galega. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]