Gonzalo Brañas Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1866 A Coruña, España |
Morte | 2 de agosto de 1948 (81 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Ocupación | físico |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Gonzalo Brañas Sánchez-Boado |
Irmáns | Celia Brañas |
Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948,[1] foi un físico e inventor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Gonzalo Brañas Sánchez-Boado. Fixo o Bacharelato no Instituto da Coruña. Estudou o preparatorio en Santiago de Compostela e licenciouse en Ciencias en Madrid en 1895, doutorándose co traballo Estudio de las radiaciones herzianas. Volveu á Coruña, onde deus clases no Instituto como substituto. Na Coruña fundou e dirixiu o primeiro gabinete radiográfico e radioscópico da cidade (1899). Foi catedrático de Física e Química en Oviedo (1903) e despois na Coruña. En 1923 pasou unha temporada en Francia, grazas a unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas. Foi presidente da Sección de Ciencias do Instituto de Estudos Galegos e do Padroado de Formación Profesional.
Entre os seus inventos atópase un aparello para a inscrición automática das variacións do magnetismo terrestre e un receptor radiotelegráfico. Autor de varios traballos sobre radiotelefonía e magnetismo terrestre. Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941.
Obras
[editar | editar a fonte]- Registro de las señales hertzianas a grandes distancias (separata da Revista de la Academia de Ciencias, 1916).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É irmán da tamén científica Celia Brañas Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bescansa Aler, D. (1946-1950). "Don Gonzalo Brañas Fernández". Boletín da Real Academia Galega (289-293): 145-149.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Brañas Fernández, Gonzalo, artigo na Gran Enciclopedia Galega.