Celia Brañas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Celia Brañas y Fernández 20 de maio de 1880 A Coruña, España |
Morte | 12 de xuño de 1948 (68 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | científica |
Familia | |
Pai | Gonzalo Brañas Sánchez-Boado |
Irmáns | Gonzalo Brañas Fernández |
Celia Brañas Fernández Miranda, nada na Coruña o 20 de maio de 1880 e finada na mesma cidade o 12 de xuño de 1948,[1] foi unha científica galega.
É considerada unha pioneira na incorporación da muller á cultura científica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi filla de Consuelo Fernández Miranda e do periodista, escritor e farmacéutico Gonzalo Brañas Sánchez-Boado.[2] Comezou a traballar en 1908 como profesora auxiliar na Escola Normal da Coruña. En 1911 converteuse en profesora titular e foi directora da escola en varias ocasións ata a súa xubilación en 1946.[3]
En 1919 participou como poñente no Primeiro Congreso de Estudos Galegos, organizado polo Instituto de Estudios Gallegos da Coruña,[2] no que defendeu o tema da importancia que para a rexión galega tería a creación dunha estación de bioloxía mariña na Coruña e os medios prácticos para establecela. Un ano máis tarde logrou que o Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid organizase un curso de bioloxía mariña na Coruña. Este curso foi o precursor da creación en 1932 da estación biolóxica de Marín.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi irmá do tamén científico Gonzalo Brañas Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-6-1948, p. 5.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "La labor precursora de Celia Brañas Fernández en la incorporación de la mujer a la cultura científica" (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2017.
- ↑ Unha ducia de... mulleres científicas galegas, en Praza Pública.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fraga Vázquez, Xose A. (2015). "Celia Brañas Fernández". Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. (Consello da Cultura Galega). Consultado o 6-2-2017.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La labor precursora de Celia Brañas Fernández en la incorporación de la mujer a la cultura científica (en castelán). Consultada o 06-03-2018.
- Xosé A. Fraga: Unha pioneira na incorporación da muller á cultura científica na Coruña La Opinión. A Coruña. 08-11-2015. Consultada o 06-03-2018.