Saltar ao contido

Ramón Bernárdez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Bernárdez González
Biografía
Nacemento1838 Editar o valor en Wikidata
O Carballiño, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xuño de 1911 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1187562 BUSC: bernardez-y-gonzalez-ramon-abade-da-colexiata-da-coruna-m-1911
Tumba no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito civil e canónico. Rematada a carreira eclesiástica, foi párroco de Oza, pasou logo a Biduído e despois a Laraño. Foi abade da Colexiata da Coruña e simpatizante do movemento rexionalista liberal. A comezos de 1893 participou, con representantes do rexionalismo e do republicanismo, na mobilización contra o traslado, finalmente truncado, da Capitanía Xeneral da Coruña até León. Formou parte da Xunta de Defensa e padeceu algúns días de cadea xunto con outros corenta membros. Este feito, xunto coa actitude reivindicativa pouco habitual nos homes da Igrexa, outorgoulle popularidade. En 1907 participou na constitución de Solidaridad Gallega, alentou a publicación de Galicia Solidaria e convocou e fallou o concurso que premiou o Catecismo Solidario de Uxío Carré Aldao. Foi membro da Real Academia Galega desde a súa fundación o 4 de setembro de 1905.

  1. Murguía, M. (1911). "Necrología: Don Ramón Bernárdez". Boletín da Real Academia Galega (48): 301–303. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 17 de agosto de 2022. 
  • Responsabilidad moral, 1883.
  • Liberalismo: ¿quid est?, 1890.
  • Reseña histórica y descriptiva de Santa María del Campo de la ciudad de La Coruña, 1892.
  • La Eucaristía, 1899.
  • Historia primitiva, 1902.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]