Lisardo Barreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1862 Noia, España |
Morte | 14 de maio de 1943 (81 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1939–1943) Real Academia Galega (membro correspondente) (1905–1939) |
Lisardo Rodríguez Barreiro, máis coñecido como Lisardo Barreiro, nado en Noia o 7 de xaneiro de 1862 e finado en Vilagarcía de Arousa o 14 de maio de 1943, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou farmacia e medicina en Santiago de Compostela, e alí iniciou a súa actividade xornalística fundando, con Alfredo Brañas e outros, o periódico El Ciclón e posteriormente o semanario El Tricornio, do que foi director. Despois pasou a Ferrol, onde dirixiu El Correo Gallego, e foi redactor de La Voz de Galicia, El Clamor del País, El Clamor de Galicia, La Cítara. Trasladouse a Madrid onde proseguiu o seu labor xornalístico, e en 1885 volveu a Galicia como inspector sanitario. Pouco despois estableceuse como farmacéutico en Vilagarcía de Arousa. Dirixiu El Rivereño de Ribeira (1892) e Mi Tierra de Vilagarcía (1897).
Obra
[editar | editar a fonte]É autor do libro de poemas Muestras sin valor (1884), da recompilación de reportaxes Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia (1890, Biblioteca Gallega), do libro de poemas Escumas e brétemas galegas (1923) e dunha autobiografía titulada Evocaciones. Escribiu tamén traballos de carácter científico, entre os que sobresaen El virrey de los metales, La esencia de trementina, El mildew e Riquezas olvidadas. Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lisardo Rodríguez Barreiro". Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lisardo Barreiro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro. 2003. pp. 399–402. ISBN 84-453-3736-X.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Alonso Montero, Xesús (2006). Os escritores galegos ante a guerra civil española. Galaxia. ISBN 978-84-8288-979-5.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.