Xesús Carro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1884 Santiago de Compostela |
Morte | 8 de decembro de 1973 (88 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote, escritor |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1941–1973) Real Academia Galega (membro correspondente) (1925–1941) |
Familia | |
Irmáns | Santiago Carro García |
Xesús Carro García, nado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 1884[1] e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1973, foi un sacerdote, arqueólogo e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do almacenista compostelán Tomás Carro Carro. Só exerceu como eclesiástico nalgunhas parroquias santiaguesas, interesándose dende moi novo pola arqueoloxía. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Após o alzamento militar de 1936, empregando a súa sotana como salvoconduto, conseguiu salvar parte dos fondos do Seminario de Estudos Galegos da destrución. "O máis brutal atentado que se fixo con Galiza" en palabras de Isaac Díaz Pardo. Carro conseguiu rescatar, entre outras cousas, as láminas das miniaturas do Códice Calixtino.[2]
Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941[3] e foi correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Colaborou na revista Spes.
Obras
[editar | editar a fonte]- Las catedrales gallegas, 1950.
- Estudios jacobeos, 1954.
- A pelengrinaxe ao Xacobe de Galicia, 1965.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xosé Carro Otero (17 de abril de 1965). "Notas bibliográficas de D. Xesús Carro García". La Noche.
- ↑ Prado-Vilar, Francisco (2020-07-26). "El sueño de Galicia y el Códice Calixtino". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2020-10-24.
- ↑ Xesús Carro na páxina da RAG.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xesús Carro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
- Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores
- Diccionario de escritores en lingua galega
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Beiras, Xosé Manuel: «Figuración sen mesturas de don Xesús Carro García» Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Compostela, primavera do 1986.