Real Academia das Boas Letras de Barcelona
Real Academia das Boas Letras de Barcelona | |
---|---|
Palacio Requesens | |
Tipo | academia e academia nacional |
Data de fundación | 1729 |
Presidente/a | Borja de Riquer (2018-) |
Sede | Palau Requesens |
En | Barcelona e El Gòtic |
País | España |
41°23′00″N 2°10′43″L / 41.3834, 2.17873 | |
Na rede | |
http://www.boneslletres.cat | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Real Academia das Boas Letras de Barcelona (en catalán: Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona) é unha institución académica fundada en Barcelona en 1729 co nome de Academia, herdeira da Academia dos Desconfiados, obtendo o título de Real en 1752, quedando baixo o padroado da Coroa de España que lle encarga, entre outras tarefas, a elaboración do dicionario de catalán.
Historia
[editar | editar a fonte]Seguindo o modelo doutras Reais Academias centrou as súas tarefas nun círculo restrinxido de actividades, neste caso acerca da lingua e literatura. Creou cinco cátedras que fixeron posible o retorno da Universidade de Cervera a Barcelona. Contou entre os seus membros con brillantes personalidades da Renaixença: os filósofos Ramon Martí d'Eixalà, Francisco Javier Llorens i Barba, Josep Torras i Bages; os filólogos e escritores Joaquim Rubió i Ors, Manuel Milà i Fontanals, Marià Aguiló, Josep Balari i Jovany, Josep Lluís Pons i Gallarza e Jacint Verdaguer.
A Academia practicou o bilingüismo durante todo o século XIX, cun claro predominio do castelán. Porén, convocou en 1841 e 1857 dous concursos poéticos que serviron para a reinstauración dos Xogos Florais. En 1884, coa publicación da Ortografía da lingua catalá de Balari i Jovany, A. Blanch e Antoni Aulestia Pijoan, a Academia adoptouna como norma lingüística para o catalán, aínda que acabou sendo desprazada pola elaborada por Pompeu Fabra na década de 1910 ó contar co apoio do Institut d'Estudis Catalans. Aínda así, a Academia mantivo esas normas case até a década de 1930, polo empeño de Ramon Miquel i Planas e Francesc Matheu.[1]
Actividades
[editar | editar a fonte]Dispón dun importante arquivo e dunha biblioteca con máis de 70 000 exemplares; a biblioteca de literatura e filoloxía de Martí de Riquer foi doada polos seus herdeiros á Academia (en decembro de 2015) e consta de máis de 5 000 volumes e milleiros de separatas.[2] Dende 1901, publica o biennal Boletín de la Real Academia de Buenas Letras. Contén unha importante colección de moedas emporitanas e catalás medievais. A Asociación de Bibliófilos de Barcelona celebra regularmente as súas sesións públicas na Academia e a coral "Schola Cantorum de Barcelona" colabora coas súas actuacións na vida académica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Camps, Magí (4 de febreiro de 2017). "La parla es fa norma". La Vanguardia.
- ↑ "El Palau Requesens acull la Biblioteca Martí de Riquer". Lletres catalanes (en catalán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Real Academia das Boas Letras de Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en catalán)