Monte Xalo
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | |||
| ||||
O monte Xalo é unha das zonas máis elevadas do litoral coruñés, cunha altitude de 514 metros sobre o nivel do mar.
Localización
[editar | editar a fonte]O Xalo é un aranguelo[1] que se estende tres quilómetros en sentido leste-oeste, dende Carral ata A Laracha, polo límite entre os concellos de Culleredo e Cerceda. Está aliñado coas chamadas mesetas de Santa Comba e de Tordoia —das que queda ao nordeste[2]— e a súa vertente setentrional configúrase como un chanzo que salva o desnivel coas Mariñas da Coruña. Precisamente, dende O Petón —unhas rochas no máis alto do monte— pódese gozar dunha panorámica da comarca e albiscar lugares como a central elécrica de Sabón, o porto exterior da Coruña, o aeroporto de Alvedro ou a Torre de Hércules, alén de todo o val de Veiga, que está ao pé.
Deporte
[editar | editar a fonte]No monte hai varias rotas de sendeirismo sinalizadas. As pistas forestais empréganse para deportes como ciclismo de montaña e carreiras. No alto do Petón as rochas están equipadas para a práctica de escalada.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]En 1950 o arqueólogo Luís Monteagudo atopou varias mámoas de gran tamaño, que foron destruídas ao longo dos anos posteriores, e en 1973 outras máis pequenas que aínda se conservan.[3]
Aproveitamento do monte
[editar | editar a fonte]Ademais do aproveitamento forestal que se está a a facer do monte, polas inmediacións do Xalo pasa un oleoduto cara a Cerceda e liñas eléctricas de alta tensión da subestación eléctrica das Travesas. No cumio tamén hai instaladas antenas de radio, televisión, telefonía móbil e telecomunicacións en xeral.
Existiu un proxecto para instalar un parque eólico de dez muíños e 45 megawatts[4] que sería o de maior potencia de Galicia. A proposta foi finalmente desbotada por Aena por comprometer a seguridade da aviación no aeroporto da Coruña[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Definición da palabra aranguelo". academia.gal. Consultado o 2020-11-30.
- ↑ Valcarlos, Pagés; L, J.; Romaní, Vidal; Ramón, Juan (1997). "La extremidad occidental de la superficie fundamental de Galicia: La Meseta de Santa Comba". ISSN 0213-4497. Consultado o 2017-08-13.
- ↑ Concello de Culleredo (eds.). "Monte Xalo".
- ↑ "Resolución do DOG nº 170 do 2012/9/6 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2020-11-30.
- ↑ gallego, El Ideal. "AENA bloquea la instalación de un parque eólico en el monte Xalo por seguridad para el aeropuerto". El Ideal gallego (en castelán). Consultado o 2020-11-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monte Xalo |