Río Tambre
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
Altitude inicial | 510 m | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | ||||
Localización | Sobrado | ||||
Final | |||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | ||||
Localización | ría de Muros e Noia | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Características | |||||
Dimensións | 125 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.531 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 54,1 m³/s | ||||
O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.[1][2][3]
Nace na lagoa de Sobrado,[4][5] que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza[4][5], en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².[5][6]
Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala, o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do río é prerromano, dunha raíz celta indoeuropea *tam- "de cor escura", que aparece noutros hidrónimos galegos: Támega, Támoga, Tamuxe, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támese, en inglés Thames[7].
Aparece xa documentado como Tamaris por Mela e coma Tamara por Ptolomeo.
Curso
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Nacemento
[editar | editar a fonte]O río Tambre nace na lagoa de Sobrado, no concello de Sobrado a 510 m de altitude. A lagoa recolle a auga dos regos de Rodelo e Fontevirtude, que nacen na serra do Bocelo a uns 580 m de altitude.[4][5]
Curso alto
[editar | editar a fonte]O curso alto abrangue dende o nacemento (Sobrado) ata a Ponte Alvar (Santiago de Compostela e Trazo) a 200 m de altitude, e ten unha pendente media do 1,27%.[4][5]
Tras nacer pasa por debaixo do Camiño Norte de Santiago percorre a zona meridional do concello de Sobrado. Despois serve de límite entre Sobrado e Vilasantar, Vilasantar e Boimorto, Boimorto e Mesía, Boimorto e Frades, Frades e Arzúa, Frades e o Pino, o Pino e Oroso, Oroso e Santiago de Compostela, e Santiago e Trazo.[4]
Curso medio
[editar | editar a fonte]O curso medio abrangue dende a Ponte Alvar ata desembocadura do río Corzán (Negreira e Brión) a 80 m de altitude, e ten unha pendente media do 0,12%.[4][5] Discorre neste tramo polos Concellos de Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, Brión e Negreira. Nel atópanse pontes que o atravesan en Ponte Alvar, Portomouro, Ponte Vella e Ponte Nova de Pontemaceira e Ponte de Ons (entre Brión e Negreira), os encoros de Fecha e Barrié de la Maza e a Praia Fluvial de Tapia (Ames). Pouco despois do encoro de Fecha, á altura de Vilar do Rei, tamén se atopan os vestixios doutra antiga central eléctrica. Os restos da súa presa, arruinada na actualidade, forman un impresionante rápido coñecido popularmente como "Salto da Cabra".
Curso baixo
[editar | editar a fonte]No tramo final o Tambre discorre fortemente encaixado. Este tramo abrangue dende a xunta co Corzán, ao pé do Encoro de Barrié de la Maza, ata o Esteiro do Tambre preto da Ponte Nafonso, e ten unha pendente media do 1,71%.[4][5] Neste tramo atópase a Devesa de Nimo, de grande importancia ecolóxica e paisaxística, e onde aínda se poden observar antigas pesqueiras para a captura das lampreas, peixe moi abundante noutras épocas nas súas augas.
Desembocadura
[editar | editar a fonte]O río Tambre desemboca na ría de Muros e Noia formando un amplo esteiro, declarado Lugar de importancia comunitaria (LIC) no 2001 e que forma parte da Rede Natura 2000.[4] Considérase a Ponte Nafonso como a fin do río.[4]
Ecosistema
[editar | editar a fonte]O río Tambre conta cunha rica fauna nos seus arredores. Na zona de Portomouro (onde se xuntan o Tambre e o Dubra) pódense atopar numerosos animais de todo tipo en estado salvaxe (garzas, parrulos, curuxas, lontras etc.) Na auga abundan as troitas, os escalos e incluso anguías existindo coutos de pesca (Refuxio de Sigüeiro). Noutros tempos había lampreas e salmóns, existindo aínda as antigas pesqueiras onde eran capturadas entre Pontemaceira e a Central Hidroéléctrica do Tambre, preto da desembocadura. A construción do Encoro de Barrié de la Maza, entre os concellos de Brión e Negreira, levou á desaparición destes peixes e somerxeu boa parte das pesqueiras existentes naquel tramo do río. [Cómpre referencia]
Aproveitamento enerxético
[editar | editar a fonte]O río ten tres encoros, na actualidade pertencentes a Gas Natural Fenosa: encoro de Mezondo (Vilasantar), encoro de Fecha (Santiago de Compostela), e encoro de Barrié de la Maza (Brión e Negreira) que abastece, augas abaixo, ás centrais Tambre I e II (Noia). A primeira delas foi construída na década de 1920, promovida pola Sociedad Gallega de Electricidad, cun edificio deseñado por Antonio Palacios. [Cómpre referencia]
Nome
[editar | editar a fonte]O río Tambre dá nome ó condado de Trastámara (Trans Tameris) e ó grupo musical de Noia Los Tamara. [Cómpre referencia]
Afluentes
[editar | editar a fonte]Afluentes do Río Tambre por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:
Curso alto
[editar | editar a fonte]- Rego de Lamas:[4] desemboca preto de Eirixe Nova (Sobrado) pola marxe esquerda.
- Rego da Cerdeira: [Cómpre referencia] desemboca entre Eirixe Nova e A Pontepedra (Sobrado) pola marxe esquerda.
- Rego de Sobrado: [Cómpre referencia] desemboca preto da Pontepedra (Sobrado) pola marxe dereita.
- Río de Caxide:[4] desemboca na Pontepedra (Sobrado) pola marxe esquerda.
- Rego de Vilarchao: [Cómpre referencia] desemboca preto de Vilarchao (Sobrado) pola marxe esquerda.
- Rego da Fonte dos Carballos:[4] desemboca preto de Vilarchao (Sobrado) pola marxe esquerda.
- Río Grande:[4] desemboca preto do Cotarón (Sobrado) pola marxe dereita.
- Rego da Marra: [Cómpre referencia] desemboca entre Sisto e A Louseira (Sobrado) pola marxe esquerda.
- Rego do Espiñeiro:[4] desemboca entre Sisto e Carballás (Sobrado) pola marxe esquerda.
- Rego de Ceños:[4] desemboca preto de Eirixe (Vilasantar) pola marxe dereita.
- Río Batán:[4] desemboca preto do Mesón (Sobrado) pola marxe esquerda.
- Río Cabalar:[4] desemboca na Ponte do Sapo (Vilasantar) pola marxe dereita.
- Rego das Gándaras:[4] desemboca no Batán (Vilasantar) pola marxe dereita.
- Rego do Vitrís:[4] desemboca no Valo (Vilasantar) pola marxe dereita.
- Rego da Fonte Fría:[4] desemboca preto da Ponte (Mesía) pola marxe dereita.
- Río Pequeno:[4] desemboca na Ponte Boado (Boimorto) pola marxe esquerda.
- Rego da Fraga:[4] desemboca en Barcia (Mesía) pola marxe dereita.
- Rego de Buazo:[4] desemboca en Froxá (Boimorto) pola marxe esquerda.
- Rego do Couso:[4] desemboca en Chedas (Frades) pola marxe dereita.
- Rego do Souto:[4] desemboca no Pazo (Boimorto) pola marxe esquerda.
- Rego do Muíño de San Estevo:[4] desemboca entre as Quintás de Campo (Arzúa) e Sanamil (Frades) pola marxe esquerda.
- Rego de Samil:[4] desemboca entre as Quintás de Campo (Arzúa) e Sanamil (Frades) pola marxe esquerda.
- Rego do Pío:[4] desemboca preto das Quintás de Ledoira (Frades) pola marxe dereita.
- Rego do Porto:[4] desemboca en Ponte Carreira (Frades) pola marxe dereita.
- Rego do Castro:[4] desemboca en Barcia (O Pino) pola marxe esquerda.
- Rego Bidueiro:[4] desemboca entre Tambre e Barcia (O Pino) pola marxe esquerda.
- Río Maruzo: desemboca en Cabanas (Oroso) pola marxe dereita.
- Río Noa: desemboca na Arnela (O Pino) pola marxe esquerda.
- Río Samo: desemboca preto de Carballas (Oroso) pola marxe dereita.
- Río Mera: desemboca entre a Tarroeira e Rabal de Abaixo (O Pino) pola marxe esquerda.
- Rego das Fervenzas:[4] desemboca preto de Sar (O Pino) pola marxe esquerda.
- Rego da Agra:[4] desemboca entre Cardama e Carollo (Oroso) pola marxe dereita.
- Rego do Muíño:[4] desemboca no Curro (Oroso) pola marxe dereita.
- Rego do Muíño:[4] desemboca na Barciela (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
- Río Cabeceiro: desemboca en Sigüeiro (Oroso) pola marxe dereita.
- Rego Belendo:[4] desemboca no Valado (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
- Río Lengüelle: desemboca entre a Estación de Oroso (Oroso) e as Vendas do Lengüelle (Trazo) pola marxe dereita.
- Rego do Pisín:[4] desemboca preto das Paradelas de Abaixo (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
- Rego da Braña:[4] desemboca preto de Nogalláns (Trazo) pola marxe dereita.
- Rego de Nogalláns:[4] desemboca preto de Nogalláns (Trazo) pola marxe dereita.
- Rego Fontoira: desemboca preto da Aldeavella (Trazo) pola marxe dereita.
- Rego de Busto: desemboca en Barcavella (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
- Rego de Santa Eufemia:[4] desemboca na Barca (Trazo) pola marxe dereita.
- Rego dos Prados:[4] desemboca preto da Irexe (Trazo) pola marxe dereita.
- Rego das Pesqueras:[4] desemboca en Vilouchada (Trazo) pola marxe dereita.
- Río Sionlla: desemboca en Insuas (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
- Rego de Penamoura:[4] desemboca en Marzo de Abaixo (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
- Rego de Gatofero:[4] desemboca preto da Ponte (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
- Rego de Oufín:[4] desemboca entre Albudiño e a Ponte (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
- Rego de Augas Santas: [Cómpre referencia] desemboca en Barqueiros (Trazo) pola marxe dereita.
- Rego do Pazo:[4] desemboca entre a Pontealbar e Barqueiros (Trazo) pola marxe dereita.
Curso medio
[editar | editar a fonte]- Rego de Chonia:[4] desemboca preto de Tarrío (Trazo) pola marxe dereita.
- Rego do Feal:[4] desemboca preto de Tarrío (Trazo) pola marxe dereita.
- Rego de Vachao:[4] desemboca preto de Vachao (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
- Rego de Vilar do Rei:[4] desemboca preto de Vilar do Rei (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
- Rego da Devesa:[4] desemboca entre Vilar do Rei e a Lamela (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
- Rego de Gallufe:[4] desemboca preto de Frensa (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
- Rego da Granxa:[4] desemboca en Novais (Val do Dubra) pola marxe dereita.
- Rego de Portomeiro:[4] desemboca preto de Novais (Val do Dubra) pola marxe dereita.
- Río Dubra:[4] desemboca en Portomouro (Val do Dubra) pola marxe dereita.
- Rego de Fontán:[4] desemboca en Xermán (Val do Dubra) pola marxe dereita.
- Rego de Tarrulo:[4] desemboca en Xermán (Val do Dubra) pola marxe dereita.
- Rego de Potella:[4] desemboca entre Vilela (A Baña) e Xermán (Val do Dubra) pola marxe dereita.
- Rego da Anduriña:[4] desemboca preto de Covas (Ames) pola marxe esquerda.
- Rego do Espiño:[4] desemboca en Vilouta (Ames) pola marxe esquerda.
- Rego do Porto de Menlle:[4] desemboca preto de Oca (Ames) pola marxe esquerda.
- Rego de Portalaxe:[4] desemboca preto de Fiopáns (A Baña) pola marxe dereita, a 31,7 km do mar.[4]
- Rego de Portor: [Cómpre referencia] desemboca preto de Portor (Negreira) pola marxe dereita, a 28,8 km do mar.[4]
- Rego Sarnados:[4] desemboca preto de Miso (Ames) pola marxe esquerda, a 28,4 km do mar.[4]
- Rego das Pías:[4] desemboca preto da Ponte Nova (Ames) pola marxe esquerda, a 27,0 km do mar.[4]
- Rego da Portela ou de Rapadoiro:[4] desemboca na Barca (Negreira) pola marxe dereita, a 25,8 km do mar.[4]
- Rego dos Chavielos:[4] desemboca en Ons (Brión) pola marxe esquerda, a 22,7 km do mar.[4]
- Río Barcala:[4] desemboca preto de Negreiroa (Negreira) pola marxe dereita, a 20,7 km do mar.[4]
- Rego de Viceso:[4] desemboca preto da Igrexa (Brión) pola marxe esquerda, a 15,3 km do mar.[4]
- Rego Pequeno:[4] desemboca preto de Liñaio (Negreira) pola marxe dereita, a 11,6 km do mar.[4]
- Rego de Navallóns:[4] desemboca preto da Graña (Brión) pola marxe esquerda, a 11,2 km do mar.[4]
Curso baixo
[editar | editar a fonte]- Río Corzán:[4] desemboca preto de Barbazán (Negreira) pola marxe dereita, a 10,0 km do mar.[4]
- Rego das Vaquerizas:[4] desemboca preto de Vilariño (Brión) pola marxe esquerda, a 8,57 km do mar.[4]
- Río de Xallas:[4] desemboca entre Lobios (Negreira) e Insua (Outes) pola marxe dereita, a 7,11 km do mar.[4]
- Rego de Quarenza:[4] desemboca entre Vilariño (Brión) e Nimo (Noia) pola marxe esquerda, a 6,86 km do mar.[4]
- Rego do Souto:[4] desemboca preto de Nimo (Noia) pola marxe esquerda, a 3,53 km do mar.[4]
Desembocadura
[editar | editar a fonte]- Rego do Muíño:[4] desemboca no Castro (Noia) pola marxe esquerda, a 2,04 km do mar.[4]
- Río Laxoso:[4] desemboca en San Tirso (Outes) pola marxe dereita, a 940 m do mar.[4]
- Río Donas:[4] desemboca na Ponte Nafonso (Outes) pola marxe dereita, a 380 m do mar.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes do río Tambre.
-
Ponte Maceira
-
Ponte colgante no concello de Noia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Río Tambre, Código ZEC ES1110016. Xunta de Galicia.". Consultado o 2017-07-06.
- ↑ "Esteiro do Tambre, Código ZEC ES1110011. Xunta de Galicia.".
- ↑ "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2017. Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 4,17 4,18 4,19 4,20 4,21 4,22 4,23 4,24 4,25 4,26 4,27 4,28 4,29 4,30 4,31 4,32 4,33 4,34 4,35 4,36 4,37 4,38 4,39 4,40 4,41 4,42 4,43 4,44 4,45 4,46 4,47 4,48 4,49 4,50 4,51 4,52 4,53 4,54 4,55 4,56 4,57 4,58 4,59 4,60 4,61 4,62 4,63 4,64 4,65 4,66 4,67 4,68 4,69 4,70 4,71 4,72 4,73 4,74 4,75 4,76 4,77 4,78 4,79 4,80 4,81 4,82 4,83 4,84 4,85 4,86 4,87 4,88 4,89 4,90 4,91 4,92 4,93 4,94 4,95 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°02'15.1"N 8°00'49.3"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Tambre". Gran Enciclopedia Galega 41. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 205–207. ISBN 84-87804-26-8.
- ↑ Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 34. ISBN 978-84-8341-136-0.
- ↑ Artigo no Portal das Palabras da RAG onde falan da etimoloxía de Tambre
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Tambre |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cañada, Silverio, ed. (2003). "Tambre". Gran Enciclopedia Galega 41. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 205–207. ISBN 84-87804-26-8.
- Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 34. ISBN 978-84-8341-136-0.