Saltar ao contido

Mesía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMesía
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°05′21″N 8°12′56″O / 43.0891, -8.2156
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalA Pobra Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.418 (2023) Editar o valor en Wikidata (22,45 hab./km²)
Xentiliciomesiense Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie107,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude107,7 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataMariano Iglesias Castro Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Mesía Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15685 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15047 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconcellodemesia.gal Editar o valor en Wikidata

Mesía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o INE en 2023 tiña 2.418 habitantes (1.217 homes e 1.201 mulleres) (2.457 no 2022, 2.479 no 2021, 2.918 no 2010, 3.102 no 2006, 3.174 no 2005, 3.216 no 2004, 3.240 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mesiense».

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2016 2.795 habitantes
Menores de 15 anos 223 (7.98 %)
Entre 15 e 64 anos 1.661 (59.43 %)
Maiores de 65 anos 911 (32.59 %)
Evolución da poboación de Mesía   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.198 5.318 6.046 4.410 3.216 2.975 2.922 2879 2.849 2.795 2.734 2.700 2.637 2.582 2.530 2.497 2.479 2.457 2.418
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Gráfica de evolución demográfica de Mesía entre 1991 e 2023
     Poboación de dereito segundo o padrón municipal do Instituto Nacional de Estadística

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa do Concello de Mesía

Mesía limita cos concellos de Frades, Boimorto, Curtis, Vilasantar, Oza-Cesuras, Abegondo, Ordes e Carral. A súa capital é o lugar de Xanceda, situado a 42 km de Santiago de Compostela e a 46 da Coruña.

Ten unha altitude media de 400 m, sendo máis accidentada cara ao norte. Os seus cumios máis altos son Picoi (546 m), Montouto (542 m), a Cova (488 m), Rozamonde (462 m) e Teixoeiras (427 m). O curso fluvial máis importante é o río Tambre, que pasa pola parroquia de Castro. Afluentes deste son o Maruzo e mailo río Samo, que nace en Picoi, nos montes da Tieira, e percorre o concello polo norte facendo, en certos tramos, de límite co concello de Frades.

O concello está atravesado no suroeste pola estrada AC-524, que une o concello coa capital comarcal, e no centro pola AC-223 (As Travesas-Xanceda), que atravesa o concello e o une coa estrada das Travesas. A AP-9 cruza o municipio nun tramo pola parroquia de Visantoña.

En Mesía consérvanse restos de varios poboados castrexos[1]: Castiñeiras (Albixoi), A Roda (Fieiteira-Albixoi), Pereira (Pereira-Albixoi), A Roda (Xestosa-Albixoi), Monteiro (Campo-Bascoi), A Torre (Tamarín-Bascoi), O Castro (O Castro-Boado), Couto do Castro (Receá-Castro), Castrillón, Pousada e Rodas (Fontefría-Cumbraos), Castiñeiras (Castiñeiras-Mesía), A Pobra ou Castelo de Mesía (A Pobra-Mesía), Mesía (Mesía), Soutelo (Soutelo-Olas), Brea (A Brea-Visantoña), Visantoña (Ricos-Visantoña), Os Castriños e Xanceda.

As terras de Mesía eran lugar de paso na Idade Media entre Santiago de Compostela e as vilas do norte, como Betanzos, A Coruña e a zona da Mariña, o que deu pé á vía inglesa do Camiño de Santiago. Desta época é a torre de Mesía, fortaleza dos séculos XIII e XIV, na actualidade en ruínas.

No Antigo Réxime as parroquias dependían da xurisdición de Mesía, da provincia de Santiago de Compostela, que acollía en total 45 freguesías. A parroquia de Cabrui dependía do mosteiro de Sobrado dos Monxes, da provincia de Betanzos.

O 13 de febreiro de 1809, durante a guerra da Independencia Española, as tropas francesas arrasaron e queimaron a capela de Arxán, amais de fusilar trece veciños, que foron soterrados nunha foxa dentro da igrexa.

Coa chegada da división en concellos, Mesía contaba con once parroquias e dependía do partido xudicial de Poulo. En 1822 pasou a pertencer á provincia da Coruña. En 1835 pasou a formar parte do partido xudicial de Ordes. Entre abril e xuño de 1836 foille adscrita a parroquia de San Pedro de Ardemil.

A localización da capital sufriu modificacións. No 1860 estaba na Pobra, no 1900 na Vila, no 1910 en Xancedavella, e entre 1920 e 1981 de novo na Pobra. Se ben na actualidade o xulgado e a casa consistorial están en Xanceda, oficialmente a capital segue na Pobra, ao non estar tramitado o expediente de cambio.

O edificio consistorial foi inaugurado en 1955 no lugar de Campo das Mentiras, en Xanceda. É un edificio de planta cadrada e cuberta a catro augas. A escaleira de acceso ten dous andares, o primeiro con pórtico de dobre arco de medio punto á fronte e un arco de medio punto en cada lateral, e o segundo co balcón municipal, con varanda de ferro e decoración xeométrica. No alto do edificio hai un pequeno ático co escudo coroado, nun frontón triangular.

No escudo do concello, xa existente en 1838, aparece a torre do castelo de Mesía.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Amais dos edificios relixiosos, existen diferentes construcións civís destacables. A torre fortaleza de Mesía está no lugar da Pobra (Bascoi). O pazo de Recelle foi construído no século XVII por Antonio Varela do Barreiro e Inés Fernández Marzoa. A Casa Grande de Xanceda é de estilo barroco, e orixinalmente tiña un torreón e unha pequena capela baixo a advocación á Virxe do Rosario. Pertenceu ao marquesado de San Martiño de Ombreiro. O pazo de Lago, do século XVIII, pertence aos Verea e Aguiar. É un edificio rectangular de cachotería cunha cheminea de grandes proporcións. A Casa do Coronel, na parroquia de Cabrui, acolle unha casa de turismo rural, e foi deseñada polo arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Mesía.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mesía

Albixoi (Santa Mariña) | Bascoi (Santiago) | Boado (Santiago) | Bruma (San Lourenzo) | Cabrui (San Martiño) | Castro (San Sebastián) | Cumbraos (Santa María) | Lanzá (San Mamede) | Mesía (San Cristovo) | Olas (San Lourenzo) | Visantoña (San Martiño) | Xanceda (San Salvador)

Lugares de Mesía

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mesía vexa: Lugares de Mesía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]