Boado, Mesía
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Boado.
Boado | |
---|---|
Igrexa parroquial de Santiago. | |
Concello | Mesía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°02′10″N 8°11′34″O / 43.0361, -8.1929 |
Área | 7,53 km² |
Poboación | 117 hab. (2023) |
Densidade | 15,54 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Boado[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 117 habitantes (57 homes e 60 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 215 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No lugar do Castro existen restos dun antigo castro distínguese as medorras que o formaban.
A igrexa parroquial de Santiago de Boado data de 1770, no exterior ten uns vistosos pináculos coroando unha espadana.
Festas
[editar | editar a fonte]- Santiago Apóstolo o 25 e 26 de xullo.
- Virxe do Rosario, na primeira fin de semana de outubro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Boado
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Boado no concello de Mesía (A Coruña) | |
---|---|
Aldín | Barcia | Barreiro | O Castro | O Espadanedo | Fontorto | Gandarela | A Igrexa | Lagares | O Outeiro | O Pazo | O Vilar |