Albixoi, Mesía
Albixoi | |
---|---|
Igrexa parroquial de Santa Mariña. | |
Concello | Mesía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°05′18″N 8°12′22″O / 43.0883, -8.2061 |
Área | 8,48 km² |
Poboación | 122 hab. (2023) |
Densidade | 14,39 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Mariña de Albixoi[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 122 habitantes (61 mulleres e 61 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 200 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de Santa Mariña de Albixoi, de finais do século XVI, é un exemplo de construción rural de gran sinxeleza e sobriedade. Albergou un retablo do século XVIII realizado por Casas e Novoa que foi destruído cara a 1964.
Na aldea de Xestosa consérvanse os restos dun pequeno balneario en torno á Fonte da Veiga, á que se lle atribuían propiedades curativas para a reuma, fígado e úlceras...
Festas
[editar | editar a fonte]- Corpus Christi o 15 de xuño.
- Santa Mariña, 15 e 16 de xullo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Albixoi
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Albixoi no concello de Mesía (A Coruña) | |
---|---|
A Carballeira | A Casanova | Castiñeiras | A Fieiteira | O Formigueiro | A Fraga da Lata | A Fraga | A Igrexa | A Lata | Novás | Ousende | O Parceiro | Pereira | Quintás | A Torre | Xemerás | Xestosa |