A Capela
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | As Neves | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.185 (2023) (20,43 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 58 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde da Capela | Manuel Meizoso López | ||||
Eleccións municipais na Capela | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 981 | ||||
Código INE | 15018 | ||||
Páxina web | concellodacapela.es | ||||
A Capela é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.334 habitantes. O xentilicio é «capelao».[1]
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total (2015) | 1334 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 135 (10,12 %) |
Entre 15 e 64 anos | 797 (59,75 %) |
Maiores de 65 anos | 402 (30,13 %) |
Evolución da poboación de A Capela Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.960 | 4.333 | 4.792 | 3.244 | 1.526 | 1.399 | 1.386 | 1.376 | 1.366 | 1.334 | 1.318 | 1.274 | 1.238 | 1.238 | 1.232 | 1.221 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello, de 58,00 km²,[2] limita ao norte con San Sadurniño, ao sur con Monfero, ao leste coas Pontes de García Rodríguez, ao oeste con Cabanas e unha pequena parte ao noroeste linda con Neda .
Ten unha altitude media de 450 m, e está atravesada polos vales dos ríos Eume e Belelle. No val do primeiro están as Fragas do Eume. O Belelle baixa da serra do Forgoselo, e o concello de leste a oeste.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde a Idade Media e durante o Antigo Réxime o territorio do concello era propiedade do mosteiro de Caaveiro.
A comezos do século XIX constituíuse o concello de Caaveiro, pertencente ao Partido Xudicial de Pontedeume. En 1835 constituíuse o concello da Capela, formado por nove parroquias. En setembro de 1836 o concello de Cabanas solicitou á Deputación da Coruña que a parroquia de Cabalar fose incluída no seu territorio. En 1842 a Deputación estudou a redución do número de concellos, pero A Capela contaba daquela con dezaseis parroquias: as actuais máis Vilavella (As Pontes de García Rodríguez), Sillobre e Magalofes (Fene), Regoela, Santa Cruz do Salto e Soaserra (Cabanas).
En xullo de 1925 a parroquia de San Boulo de Caaveiro pasou do concello de Cabanas ao da Capela. O 8 de xullo de 1982 a Xunta de Galicia decretou a segregación das parroquias de Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira, Goente e San Xoán de Seixa, que pasaron a formar parte do concello das Pontes[3].
Goberno municipal
[editar | editar a fonte]Anxo López Sueiro (PSdeG-PSOE) foi alcalde da Capela dende 1987 ata 2011, encadeando seis mandatos consecutivos. Malia obter cinco maiorías absolutas consecutivas, en 2007 a súa formación baixou aos 4 concelleiros, o que obrigou a asinar un pacto de goberno co único edil do BNG, que mantivo a Sueiro na Alcaldía.
Nas eleccións de 2011, proclamouse alcalde a Manuel Meizoso López, tamén do PSdeG-PSOE, aínda que sen maioría absoluta ao repetir os catro concelleiros do último mandato de López Sueiro.
Completan a corporación dous edís do PPdeG, outros dos dos independentes da AIAC e un concelleiro do BNG.
Patrimonio histórico e artístico
[editar | editar a fonte]Destaca o Mosteiro de San Xoán de Caaveiro, situado na parroquia da Capela. Estableceuse desde o ano 934 e foi abandonado no 1800. Na actualidade está en proceso de rehabilitación.
A igrexa parroquial de Santiago da Capela, situada no lugar de Pazo, é de orixe románica. Nela destaca a torre campanario, á que se accede dende o exterior mediante unha escaleira de pedra, que se fai de caracol no interior da torre.
A capela de Nosa Señora das Neves, é tamén de orixe románica, do século XIII. Ten planta rectangular dunha soa nave e unha torre engadida do século XIX de planta cadrada e campanario de catro arcos, coroado por unha cúpula de media laranxa.
A igrexa parroquial de San Braulio de Caaveiro é de orixe románica, mantendo a ábsida do século XIII. A fachada foi reconstruída no século XIX. Ten planta rectangular cunha soa nave, de fachada simétrica cun campanario central de dous ocos rematados en pináculos.
A igrexa parroquial de Santa María de Cabalar, é do século XIX. De planta rectangular dunha soa nave e fachada simétrica cun campanario central de dous ocos rematados en pináculos con bola.
Hai cruceiros no Pazo, Cabalar e As Neves.
Da importancia da auga na forma de vida da poboación da Capela da boa mostra a existencia dunha ferrería hidráulica, o machuco, que se atopa no río da Graña, e é unha das poucas construcións deste tipo conservadas en Galicia. Actualmente só se conserva o banzado construído totalmente en pedra, e as bases da que fora a ferrería.
O museo Etnográfico da Capela ten a súa sede central na Casa do Pazo, onde se recrea un fogar tradicional en tanto que unidade básica do sistema cultural galego rural, non só como refuxio da familia, senón tamén respondendo ás necesidades sociais e derivadas dunha economía de autosuficiencia.
O Parque etnográfico do Sesin, a carón do río Sesin, explica os aproveitamentos tradicionais dos recursos das Fragas: os muíños de auga, o carbón vexetal, as castañas, a casca das árbores (principalmente o carballo)...
O Museo da Escola representa un centro de ensino típico de comezos do século XX, facendo fincapé na evolución da ensinanza ao longo dos anos.
Contorna natural
[editar | editar a fonte]Forma parte do Parque natural das Fragas do Eume.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da Capela.
-
Mosteiro de San Xoán de Caaveiro
-
Portada románica da capela do mosteiro
-
Mosteiro, recinto interior
-
Vista desde o Mosteiro das Fragas do Eume
Parroquias
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Capela | |
---|---|
Caaveiro (San Boulo) | Cabalar (Santa María) | A Capela (Santiago) |
Lugares da Capela
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de vexa: Lugares da Capela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2021. Consultado o 2021-04-24.
- ↑ Disposición no DOG sobre a segregación
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Capela |