Anxo López Sueiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1936 San Marcos, España |
Morte | 19 de outubro de 2021 (84/85 anos) A Capela, España |
Alcalde da Capela | |
1991 – 2011 – Manuel Meizoso López → | |
Presidente Racing de Ferrol | |
1984 – 1993 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Anxo López Sueiro, chamado Geluco, nado en San Marcos (Sillobre, Fene) en 1936 e finado na Capela o 19 de outubro de 2021, foi un político galego. Foi alcalde da Capela desde as eleccións municipais de 1991 ata 2011 e presidente do Racing de Ferrol dende 1984 ata 1993.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo de José María López e Isolina Sueiro, militantes socialistas na clandestinidade, durante a ditadura[1]. Foi administrativo da empresa Endesa, onde chegou a ocupar a presidencia do comité de empresa como sindicalista da UGT e dirixente do PSdeG-PSOE. Dende 1983 a 2002 foi tamén deputado da Deputación da Coruña.
Foi tamén presidente do Racing de Ferrol entre 1984 e 1993, sendo o segundo mandatario racinguista en número de anos á fronte do club tras Isidro Silveira Cameselle.[2]
Deixou a alcaldía da Capela en 2011.[3]
Predecesor: Manuel Rodríguez Seco |
Alcalde da Capela 1991 - 2011 |
Sucesor: Manuel Meizoso López |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou e tivo unha filla. Enviuvou.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece Ángel López Sueiro, exalcalde de A Capela y expresidente del Racing de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-10-20. Consultado o 2021-10-22.
- ↑ Historia do Racing de Ferrrol en www.fdpracingferrol.galeon.com Arquivado 11 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Anxo López Sueiro ´Nos meus 20 anos de alcalde non tiven dous días seguidos de vacacións´