Río Támoga
Tipo | río ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | provincia de Lugo, España ![]() | |||
Localización | Serra do Xistral ![]() | |||
Final | ||||
División administrativa | Galicia, España ![]() | |||
Localización | río Miño ![]() | |||
| ||||
Conca hidrográfica | conca do Miño ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 476 m ![]() | |||
O río Támoga, no seu comezo chamado Santa Baia, é un afluente do río Miño[1] que discorre pola provincia de Lugo.[1]
Localización e características
[editar | editar a fonte]Nace en Fontemuín (Abadín) na serra do Xistral,[1][2][3] transcorre polos concellos chairegos de Abadín e Cospeito, onde co seu afluente, o río Guisande, enche a lagoa de Cospeito, unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia.[4] Na súa xuntanza co río Miño, xunto á parroquia de San Xiao de Támoga, forma a insua de San Roque, no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito. A área da súa bacía é de 233 km²[5].
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Támoga é de orixe prerromana, dunha raíz indoeuropea *tam-[6] 'de cor escura', que aparece noutros hidrónimos galegos como Tambre, Tamuxe ou Támega e noutros países europeos, como o inglés Támese (Thames).[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°20'50.8"N 7°33'03.9"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
- ↑ Cañada, Silverio, ed. (2003). "Anllo". Gran Enciclopedia Galega 41. El Progreso - Diario de Pontevedra. p. 208. ISBN 84-87804-43-8.
- ↑ Núñez Pérez, Manuel; Leiro Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 40. ISBN 978-84-8341-136-0.
- ↑ [1]
- ↑ Área do río Támoga Arquivado 23 de setembro de 2009 en Wayback Machine. (en portugués)
- ↑ Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 86-87. ISBN 978-84-947823-2-9.
- ↑ "Oia". Portal das Palabras. Real Academia Galega. 31 de xullo de 2019.
![]() |
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |