Saltar ao contido

Ignacio Ellacuría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIgnacio Ellacuría

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(eu) Ignacio Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Portugalete, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de novembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
San Salvador, O Salvador Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaO Salvador Editar o valor en Wikidata
Reitor
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, teoloxía e actividade literaria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónteólogo, sacerdote católico, misioneiro, profesor universitario, filósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCentral American University, San Salvador (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoTeoloxía da liberación Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1112064 Find a Grave: 12380351 Editar o valor en Wikidata

Ignacio Ellacuría Beascoechea, nado en Portugalete, Biscaia, o 9 de novembro de 1930 e finado en San Salvador, o 16 de novembro de 1989 foi un filósofo e teólogo vasco nacionalizado salvadoreño.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou no noviciado da Compañía de Xesús en Loiola. Foi enviado ao Salvador e completou os seus estudos de filosofía en Quito, continuándoos en Insbruck onde foi discípulo de Karl Rahner. Fixo os seus votos como xesuíta na súa vila natal en 1962. Tres anos despois doutorouse en filosofía na Universidade Complutense onde foi discípulo de Xabier Zubiri.

Destinado ao Salvador, entrou na Universidade Centroamericana (UCA) onde, ademais de investigar, se implicou na realidade social do país e asumiu cargos directivos na propia universidade, así como o de Director do Departamento de Filosofía. O xeneral dos xesuítas, padre Arrupe, confioulle a educación dos novizos da compañía na provincia Centroamericana.

A súa obra Teoloxía política encádrao na teoloxía da liberación. En 1976 empezou a dirixir a Revista de Estudios Americanos. A súa editorial A sus órdenes, mi capital recruou as hostilidades dos sectores conservadores. Os seus pronunciamentos públicos e o seu traballo social acabaron afectando á propia universidade, que sufriu a retirada dos apoios estatais, o acoso da dereita salvadoreña e a violencia paramilitar. Tras o asasinato do bispo de San Salvador, Óscar Romero, ficou baixo a protección da Embaixada española e saíu fóra do país entregándose a unha campaña para dar a coñecer a situación de inxustiza social e represión que se vivía no seu país.

En 1983 foi nomeado director do Seminario Xabier Zubiri. En 1989 regresou ao Salvador onde continuou co seu labor de denuncia e de traballo a prol dunha saída negociada ao conflito civil. Fundou con Jon Sobrino a Revista Latinoamericana de Teología.

O 16 de novembro de 1989 foi asasinado por un pelotón do Batallón Atacatl da Forza Armada Salvadoreña xunto con outros cinco xesuítas, unha muller e unha nena.

  • Freedom made Flesh: The Mission of Christ and His Church, Nova York, 1976
  • Conversión de la Iglesia al Reino de Dios, 1984
  • Filosofía de la Realidad Histórica, post mortem.