Portugalete, Biscaia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Biscaia | |||
Comarcas | Gran Bilbao | |||
Capital | Portugalete | |||
Poboación | ||||
Poboación | 44.629 (2023) (13.903,12 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 3,21 km² | |||
Bañado por | Mar Cantábrico e Río Nervión | |||
Altitude | 26 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1322 (Gregoriano) | |||
Santo padrón | Roque de Montpellier | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Mikel Torres Lorenzo | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 48920 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 48078 | |||
Páxina web | portugalete.org | |||
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Portugalete é un municipio vasco da provincia de Biscaia. Pertencente á comarca do Gran Bilbao e á subcomarca da Marxe Esquerda: Segundo o INE en 2011 tiña 47.742 habitantes.
O municipio esténdese por un outeiro situado entre a Ría de Bilbao e o río Ballonti, situándose o núcleo de poboación na ladeira que descende ata a primeira. A extensión total é tan só de 3,21 km² polo que a súa densidade poboación (de máis de 15.000 hab./km²) é a maior densidade de todo o País Vasco.
Os habitantes de Portugalete son portugalujo/a, aínda que popularmente é utilizado tamén o termo jarrillero/a. Isto é debido a que no século XIX e nos primeiros anos do século XX, Portugalete contaba con numerosas tabernas onde se degustaba o chacolí, e existía o costume de bebelo nunhas xerras pequenas, de aí o de jarrilleros/as [Cómpre referencia].