Zeanuri
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2014.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Biscaia | ||||
Comarcas | Arratia-Nerbioi | ||||
Capital | Zeanuri | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.247 (2023) (18,61 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 67 km² | ||||
Altitude | 203 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Izaskun Sagarna Mendia (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 48144 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 48024 | ||||
Páxina web | zeanuri-udala.org |
A elizate de Zeanuri é un concello da provincia de Biscaia, no País Vasco, que posúe unha área de 67 km² cunha poboación de 1242 habitantes (2004).
Pertence á comarca de Arratia-Nervión e limita polo nordeste con Dima, polo noroeste con Areatza, polo sur con Uribe e Zigoitia e polo oeste con Orozko.
Topónimo
[editar | editar a fonte]No nome aparece a palabra uri, que no dialecto occidental do éuscaro significa vila, pobo, cidade. Esta palabra adoita aparecer combinada con nomes propios ou nomes comúns para formar topónimos en Biscaia, Áraba e tamén na Rioxa. Así Basauri significa vila do bosque, Uribarri é vila nova ou Otxanduri, vila de Otxanda.
No caso de Zeanuri trataríase de vila de Cean; mais o primeiro termo do topónimo é descoñecido xa que non se corresponde con ningunha palabra do éuscaro nin con ningún nome propio recoñecible actualmente.