Sanidade
Aparencia
Enténdese por sanidade o conxunto de servizos destinados a preservar e protexer a saúde dos cidadáns.[1]
Tipos
[editar | editar a fonte]Segundo a propiedade dos servizos, hai dous tipos:
- Pública: os servizos de saúde dependen dos respectivos gobernos, e é o encargado de desenvolver as políticas sanitarias.
- Privada: os servizos sanitarios dependen de empresas privadas.
Sanidade no eido internacional
[editar | editar a fonte]Todos os países teñen sanidade pública, aínda que se diferencian nos servizos mínimos que prestan aos seus cidadáns. Porén, a sanidade privada adoita estar presente na maioría destes países, como complemento á sanidade pública. A regra xeral é que nun país conviven ambos tipos de sanidade, polo que teñen un sistema sanitario mixto.[2]
En Galiza
[editar | editar a fonte]No ámbito galego, o Servizo Galego de Saúde, a través dos impostos recadados, encárgase de garantir a atención sociosanitaria dos cidadáns de Galiza, ofrecendo servizos sanitarios en diferentes institucións e centros de saúde.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario; sanidade". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-18.
- ↑ "Dicionario; mixto". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sanidade |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (sergas.gal)
- Saúde | Universidade de Santiago de Compostela (usc.gal)
- Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) - USC
- CIG Saúde (cig-saude.gal)
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |