Entrada de touros e cabalos
Entrada de touros e cabalos | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | festa ![]() | |||
Localización | ||||
Localización | Segorbe ![]() | |||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana ![]() | |||
Patrimonio Cultural | ||||
Festas de interese turístico internacional de España | ||||
[ Wikidata ] |
A entrada de touros e cabalos é unha festa popular de Segorbe, vila da provincia de Castelló.
Características
[editar | editar a fonte]Foi declarada de interese turístico internacional, é o acto máis relevante da semana taurina da vila. Ten lugar durante toda a semana do segundo sábado de setembro.
A orixe da festa está no costume de levar os touros á praza dende os currais situados no río, a máis dun quilómetro da vila. A excepcionalidade do festexo outórgaa o feito de axudarse de cabalos para guiar aos touros e a ausencia de barreiras para conter aos animais converténdose o público nun auténtico muro que impide a súa fuga. Isto fai que o escaso minuto que tardan os animais en percorrer a distancia que media entre a torre do Botxí e a praza sexa dunha gran beleza plástica non exenta de certo perigo.