Provincia de Entre Ríos
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Arxentina ![]() | ||||
Capital | Paraná ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Concordia (departamento) (pt) ![]() Departamento Colón Diamante (pt) ![]() Federación (pt) ![]() Federal (pt) ![]() Gualeguay (pt) ![]() Gualeguaychú (departamento) (pt) ![]() Islas del Ibicuy (pt) ![]() La Paz (pt) ![]() Nogoyá (pt) ![]() Paraná (pt) ![]() San José de Feliciano (pt) ![]() San Salvador (pt) ![]() Tala (pt) ![]() Uruguay (pt) ![]() Victoria (pt) ![]() Villaguay (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.425.578 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 78.781 km² ![]() | ||||
Altitude | 57 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Gobernador ![]() | Rogelio Frigerio (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | legislature of Entre Ríos (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | AR-E ![]() | ||||
Sitio web | portal.entrerios.gov.ar ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A provincia de Entre Ríos é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1.236.300 habitantes (2010),[1] sendo a sétima provincia máis poboada do país, co 3,1% da poboación total nacional. A súa capital é Paraná.
Forma parte da Rexión Centro, aínda que tamén se inclúe como parte da Mesopotamia conformada polos ríos Uruguai e Paraná, no Litoral arxentino. Limita polo sur coa Provincia de Buenos Aires, polo oeste coa Provincia de Santa Fe, polo norte coa Provincia de Corrientes e polo leste coa República Oriental do Uruguai.
Con 78.781 quilómetros cadrados (distribuídos territorialmente en 66 976 km² de terra firme e 11 805 km² de illas e terras anegadizas), é a décima sétima provincia máis extensa do país, ocupando o 2,83 % da superficie total do mesmo.
A miúdo defínese como unha provincia de carácter "insular", por estar rodeada por ríos e arroios. Os seus principais accesos están constituídos por pontes e un túnel subfluvial. A rede de auga superficial e profunda, a través de acuíferos e apta para o consumo inmediato, é até 12 veces maior que en calquera outra provincia arxentina.[2]
A provincia tivo un destacado papel na etapa de organización nacional; sendo Territorio Federal da Capital do país durante a presidencia de Justo José de Urquiza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Datos do censo 2010". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 04 de agosto de 2013.
- ↑ Agua, el tesoro líquido de Entre Ríos Arquivado 09 de agosto de 2013 en Wayback Machine. lanacion.com. Consultado o 4 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |