Entremés de Bora
Aparencia
Entremés de Bora | |
---|---|
Autor/a | Gregorio Couto |
Lingua | lingua galega |
Xénero(s) | teatro |
Data de pub. | 1949 |
Editor | Fermín Bouza-Brey |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Entremés de Bora[1] ou Sainete de Bora é unha das poucas obras teatrais íntegras en lingua galega dos Séculos Escuros. O seu autor foi Gregorio Couto. Foi publicada por Fermín Bouza-Brey no ano 1949, a través do seu estudo "Teatro de Carnaval en Galicia", incluído na madrileña Revista de Dialectología y Tradiciones Populares.
Trama e características
[editar | editar a fonte]O argumento da obra é, a priori, simple. Un alcalde dunha certa idade quéixase aos seus criados da súa veciña, unha muller definida como "vella" e que se lamenta polo olfacto que provén da cociña do alcalde. Entre outros subtemas, aborda o abandono lingüístico, encerra unha denuncia do abuso de poder e retrata o machismo (declara que as mulleres son "bestias afligidas").
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Análise e interpretación de textos dramáticos: unha introducción, Manuel F. Vieites (Galaxia, 2005).[cómpre nº de páxina]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baldomir Cabanas, Juan Javier (2010): A Literatura Galega dos Séculos Escuros e do Prerrexurdimento, tese de doutoramento dirixida por Luciano Rodríguez Gómez, Universidade da Coruña.
- Baldomir Cabanas, Xohán Xabier (2012): Historia da Literatura dos Séculos Escuros e do Prerrexurdimento. A escrita literaria galega entre os anos finais do século XV e a década de 1840, Saarbrücken: Editorial Académica Española.[cómpre nº de páxina]