Eparquía ortodoxa rusa de Lviv e Galicia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Relixión | cristianismo ortodoxo ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 21.833 km² ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Cronoloxía | ||||
Sitio web | upc.lviv.ua ![]() | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A eparquía de Lviv e Galicia é unha eparquía da Igrexa Ortodoxa Ucraína baixo o Patriarcado de Moscova, situada na provincia de Lviv e con sé na súa capital Lviv.
A actual eparquía existe dende 1988. En 2007 estruturábase en 62 parroquias, e estaba situada en quinto lugar en termos de fieis no territorio, por detrás da Igrexa Católica Ucraína, da Igrexa Ortodoxa Ucraína do Patriarcado de Kíiv, da Igrexa Ortodoxa Autocéfala Ucraína e da Igrexa Latina.
Isto é resultado dos conflitos relixiosos que sucederon en Ucraína entre nas décadas de 1980 e 1990, logo do estabelecemento pouco amigábel da xurisdición do patriarcado de Moscova, da que xurdiron as xurisdicións ortodoxas non canónicas. Moitas das parroquias da eparquía uníronse a algunha destas igrexas non canónicas. A eparquía tamén perdeu moitas igrexas que obtivo en 1946, logo da integración dos greco-católicos na Igrexa Ortodoxa forzada polas autoridades soviéticas.