Epidat
Epidat | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Dirección Xeral de Saúde Pública (Xunta de Galicia) |
Última versión | 4.2 (29 de xullo de 2016 ) |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Tipo | Análise estatística e epidemiolóxica |
Licenza | Libre distribución |
Sitio web | www |
Epidat é un proxecto non lucrativo iniciado a principios dos anos 90, na Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia. Consiste no desenvolvemento e difusión dun programa de libre distribución para a análise estatística e epidemiolóxica de datos. Por ofrecer posibilidades en ocasións novidosas, pola súa amigabilidade e a pola calidade das súas axudas, a aplicación conseguiu unha grande aceptación nos países de Iberoamérica.
O desenvolvemento das primeiras versións de Epidat integrouse no marco dun convenio de colaboración firmado pola Organización Panamericana de la Salud (OPS) e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia; na actualidade a OPS presta o seu apoio institucional ao proxecto e a Universidade CES de Colombia sumouse dende 2012 como organismo auspiciador.
Evolución do proxecto
[editar | editar a fonte]Versión | Lanzamento | Descrición |
---|---|---|
1.0 | Decembro de 1994 | Sistema operativo: MS-DOS
Módulos:
|
2.0 | Xuño de 1997 | Sistema operativo: Windows
Módulos:
|
2.1 | Xuño de 1998 | Tradución ao galego, catalán, portugués e inglés |
3.0 | Marzo de 2004 | Sistema operativo: Windows 98
Módulos:
|
3.1 | Xaneiro de 2006 | Corrección de erros e tradución ao galego, portugués e inglés |
4.0 | Abril de 2011 | Programado en Java
Aplicación modular e multiplataforma Módulos:
|
4.0.1 | Xullo de 2012 | Inclusión do módulo:
|
4.1 | Outubro de 2014 | Tradución ao galego e portugués
Inclusión dos módulos:
Modificación do módulo:
|
4.2 | Xullo de 2016 | Tradución ao inglés
Inclusión do módulo:
|
Características do programa
[editar | editar a fonte]Na actualidade están dispoñibles para o seu uso as versións 3.1 e 4.2. A coexistencia de ambas versións débese a que, de momento, no foi incorporado todo o contido da versión 3.1 á 4.2.
Epidat 3.1
[editar | editar a fonte]Nesta versión do programa poden destacarse tres características básicas: un contorno que segue os estándares de Windows, a incorporación de técnicas específicas que non se atopan habitualmente neste tipo de programas e un enfoque expositivo nas axudas, concibidas co afán de facilitar a comprensión non soamente das regras de explotación do programa senón tamén da esencia conceptual das técnicas que contén.
Epidat 4.2
[editar | editar a fonte]Entre as características da versión 4 cabe destacar tres das máis relevantes:
- A linguaxe de programación empregada foi Java, o que lle outorga unha gran versatilidade e permite o seu funcionamento en diferentes sistemas operativos (Windows, Linux, Mac OS X).
- Presenta unha articulación modular que facilita as actualizacións do programa, de forma que a partir dun contorno xeral pódense engadir módulos á aplicación.
- O programa está dispoñible en 4 idiomas: galego, castelán, portugués e inglés.
O resto de características desta nova versión concéntranse nos tres elementos distintivos do programa, que son o contorno, o contido e a axuda.
O contido de Epidat 4 estruturouse nos 19 módulos seguintes:
Módulo Dispoñibilidade Versión 3.1 Versión 4.2 1. Análise descritiva Non Si 2. Depuración e imputación de datos Non En desenvolvemento 3. Mostraxe Si Si 4. Inferencia sobre parámetros Si Si 5. Táboas de continxencia Si En desenvolvemento 6. Concordancia e consistencia Si Si 7. Probas diagnósticas Si En desenvolvemento 8. Axustamento de taxas Si Si 9. Demografía Si Si 10. Estimación da mortalidade atribuída Non Si 11. Regresión loxística Non* Si 12. Análise de supervivencia Non En desenvolvemento 13. Distribucións de probabilidade Si Si 14. Análise bayesiana Si Si 15. Meta-análise Si En desenvolvemento 16. Vixilancia en saúde pública Si En desenvolvemento 17. Índices de desenvolvemento ou privación Non** Si 18. Medición de desigualdades en saúde Non** Si 19. Métodos de avaliación económica Non En desenvolvemento
- (*) Na versión 3.1 o módulo Táboas de continxencia contén unha versión limitada desta técnica.
- (**) Os módulos de Índices de desenvolvemento ou privación e Medición de desigualdades en saúde inclúen o contido do módulo de Xerarquización da versión 3.1.
Descargar
[editar | editar a fonte]Epidat é un programa de libre distribución e unha copia do mesmo pode obterse gratuitamente nos seguintes enlaces:
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hervada Vidal X, Santiago Pérez MI, Vázquez Fernández E, Castillo Salgado C, Loyola Elizondo E, Silva Ayçaguer LC. Epidat 3.0 programa para análisis epidemiológico de datos tabulados. Rev Esp Salud Pública. 2004;78(2):277-80.
- Santiago Pérez MI, Hervada Vidal X, Naveira Barbeito G, Silva LC, Fariñas H, Vázquez E et al. El programa Epidat: usos y perspectivas. Rev Panam Salud Pública. 2010;27(1):80-2.