Epigónidos
Aparencia
(Redirección desde «Epigonidae»)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9b/Epigonus_denticulatus.jpg/300px-Epigonus_denticulatus.jpg)
Os Epigónidos (Epigonidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
Características
[editar | editar a fonte]Diferéncianse dos Apogónidos (outra familia dos Perciformes) en que teñen normalmente 25 vértebras, máis de seis infraorbitais, cartilaxe do rostro moi alargado e as aletas dorsal e anal brandas suaves e recubertas de escamas.
A lonxitude máxima rexistrada é de 58 cm (xénero Epigonus).
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en sete xénero e 34 especies:
- Xénero Brephostoma
- Xénero Brinkmannella
- Xénero Epigonus (o máis representado, con 27 especies)
- Xénero Florenciella
- Xénero Microichthys
- Xénero Rosenblattia
- Xénero Sphyraenops
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Epigónidos |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Epigónidos |