Epipófise
As epipófises son proxeccións óseas das vértebras cervicais que se encontran nos dinosauros e algunhas aves basais.[1] Estes procesos óseos pares sitúanse sobre as postcigoapófises na parte caudal do arco neural vertebral.[1] A súa morfoloxía é variable e vai desde pequenas elevacións con forma de outeiro a proxeccións semellantes a ás grandes e de construción complexa.[1] As epipófises evolucionaron para proporcionar a estes animais unha maior área de unión a varios músculos do pescozo, polo que unhas epipófises grandes indican unha forte muscultura no pescozo.[1]
A presenza de epipófises é unha sinapomorfía (característica distintiva) do grupo Dinosauria.[1] As epipófises estaban presentes nos dinosauros máis basais, pero ausentes nos antepasados moi relacionados con este grupo como Marasuchus e Silesaurus.[1] Eran típicas da maioría das liñaxes de dinosauros; non obstante, perdéronse en varias liñaxes derivadas de terópodos cando evolucionaron incrementando a curvatura con forma de S do pescozo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Brusatte, Stephen L. (2012). Dinosaur Paleobiology (1. ed.). New York: Wiley, J. p. 14. ISBN 978-0-470-65658-7.
- ↑ Currie, Philip J. (1997). "Theropoda". En Philip J. Currie; Kevin Padian. Encyclopedia of dinosaurs. Acad. Press. p. 734. ISBN 0-12-226810-5.