Saltar ao contido

Xestela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Equisetum arvense»)
Xestela

Xestela (Equisetum arvense)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Sphenophyta
Clase: Equisetopsida
Orde: Equisetales
Familia: Equisetaceae
Xénero: Equisetum
Especie: 'Equisetum arvense'
Nome binomial
'Equisetum arvense'
Linnaeus, 1753

A xestela,[1] herba estrañeira[2] ou rabo de cabalo (Equisetum arvense) é unha especie de fento pertencente á familia das equisetáceas. É considerada planta medicinal; é común en Galiza.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un arbusto perenne con talo rizomatoso, distribuído no hemisferio norte. Pode contar con talos estériles e fértiles. Os estériles comezan a medrar despois de que os fértiles agromasen; e adoitan ser máis longos e arbustivos. Eses segmentos conteñen un feixe de pólas erectas, até 20 segmentos de 5 a 50 cm de longo. Os fértiles adoitan ser a metade de longos ca os estériles e normalmente máis suculentos.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Atópase xeralmente no hemisferio norte. Necesita de certa humidade edáfica e ambiental, polo que acostuma medrar preto de regueiros ou en solos lamacentos. Espállase por todo o litoral ibérico, incluíndo as Illas Baleares até os 1.800 metros de altitude. Falta no extremo sur da Comunidade Valenciana.

Composición química[editar | editar a fonte]

Propiedades[editar | editar a fonte]

A xestela ten varios compostos químicos, usados coma menciñas. Rico en minerais silicatados (10%), potasio e calcio, con propiedades diuréticas. É prescrita para coidar tecidos conxuntivos (cartilaxes, tendóns, e ósos) e tamén pólipos​, epistaxes, e sangrados. Os rebentos cómense coma vexetais no Xapón pola primavera. Ten un moi alto número diploide - 216 (108 pares de cromosomas) - 5 veces máis grande ca o número humano diploide (46).

Usos na menciña herborista[editar | editar a fonte]

Na menciña popular a xestela gozaba dende tempos moi remotos de gran prestixio, especialmente polo seu poder hemostático e eficacia contra as graves afeccións dos riles e da vexiga. Actualmente emprégase para combater as hemorraxias, vómitos de sangue, as afeccións renais e vesicais, os cálculos e as pedras. A xestela axuda en casos onde outros diuréticos non adoitan dar resultados, como por exemplo nas hidrocardias, na hidropersía da pleura costal ou en trastornos renais por mor á escarlatina ou outras graves doenzas.[3]

Outros usos[editar | editar a fonte]

Denominación popular[editar | editar a fonte]

A xestela, único nome recollido no dicionario da Real Academia Galega recibe outros nomes populares galegos, como herba estrañeira e rabo de cabalo[4]. Outras denominacións son chifre, cabaliña e herba canuda.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

  • Equisetum hiemale L
  • Equisetum maximum L
  • Equisetum telmateia L
  • Equisetum riparium Fr. [1843]
  • Equisetum campestre Schultz [1819]
  • Equisetum boreale Brongn. [1831]
  • Equisetum arcticum Rupr. [1845]
  • Presla arvensis (L.) Dulac [1867, Fl. Hautes-Pyr. : 26]
  • Allostelites arvense (L.) Börner
Variedades
  • Equisetum arvense var. serotinum G.Mey. [1836]
  • Equisetum arvense var. nemorosum A.Br. in Döll [1859]
  • Equisetum arvense var. irriguum Milde [1851]
  • Equisetum arvense var. duffortianum Hy [1898]
  • Equisetum arvense var. alpestre Wahlenb. [1812]
  • Equisetum arvense subsp. riparium (Fr.) Nyman [1884]
  • Equisetum arvense subsp. alpestre (Wahlenb.) Arcang. [1882]
  • [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xestela.
  2. Nome común galego preferido en Termos Esenciais de Botánica, entrada 383 da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  3. 6.Treben, Maria, (aut.). Salud de la Botica del Señor. Ennsthaler. 5ª ed.(1999). 108 páxinas
  4. Rabo de cabalo e xunto a xestela o termo máis recollido nos distintos dicionarios galegos - http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=Xestela&tipo_busca=lema

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]