Eréndira Paz Campos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1961 (63 anos) Cidade de México |
Q112345376 | |
2016 – | |
Embassy of Mexico in Venezuela (en) | |
2015 – 2022 | |
Ambassador of Mexico to the Philippines (en) | |
20 de agosto de 2005 – maio de 2010 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Nacional Autónoma de México |
Actividade | |
Ocupación | diplomática |
Eréndira Paz Campos, nada en Cidade de México en 1961, é unha diplomática mexicana, membro do Servizo Exterior Mexicano. Desde 2016 é embaixadora de México en Venezuela.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Eréndira Paz é licenciada en Relacións Internacionais pola Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) e conta con estudos de Mestría en Administración Militar para a Seguridade e Defensa Nacional.[2]
Foi a primeira xeración de mulleres en obter un doutoramento en Defensa e Seguridade Nacional, polo Centro de Estudos Superiores Navais da Secretaría de Mariña (CESNAV).[3]
Eréndira Paz Campos presentou cartas credenciais ante o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, o 4 de maio de 2016.[4]
Foi chamada a consultas por México o 21 de maio de 2018 como parte das medidas anunciadas polo Grupo de Lima con respecto á lexitimidade do proceso electoral desenvolvido na República Bolivariana de Venezuela o 20 de maio de 2018.[5][6]
Foi embaixadora de México en Filipinas de 2005 a 2008 e foi titular da Dirección Xeral para Organismos Económicos Rexionais de 2008 a 2010. Así mesmo, ocupou o cargo de Directora Xeral para as Nacións Unidas da Secretaria de Relacións Exteriores de 2003 a 2005 e foi Cónsul de México en McAllen, Texas de 1999 a 2001.[7]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2010, recibiu unha condecoración da Secretaria de Relacións Exteriores, por máis de 25 anos como membro de carreira do Servizo Exterior Mexicano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Embajada de México en Venezuela". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2021. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "El Senado de la República ratifica ocho nombramientos diplomáticos y consulares".
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "Embajada de Venezuela en México". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "México llama a consultas a embajadora en Venezuela".
- ↑ "Declaración del Grupo de Lima".
- ↑ "The Senate ratifies eight diplomatic and consular appointments".