Erotismo
Aparencia
(Redirección desde «Erótico»)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/60/Vintage_nude_bust_photograph_of_a_young_denuded_lady.jpg/220px-Vintage_nude_bust_photograph_of_a_young_denuded_lady.jpg)
Erotismo[1] é unha palabra formada a partir do grego ἔρως, érōs con que se designaba ao amor apaixonado unido co desexo. Tal sentimento foi personificado nunha deidade: Eros (a ter en conta que en grego moderno a palabra erotas alude ao amor romántico).
O termo «erotismo» connota e denota a todo o relacionado coa sexualidade e non limitándose ao acto sexual per se. Deste modo o erotismo pode observarse en combinación coa libido, termo máis usado pola psicanálise de tipo freudiano. O erotismo trata de todo aquilo que emana da nosa zona libídica e está relacionado co sexo e co amor erótico.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para erotismo.