Eric II de Noruega
![]() | |
Nome orixinal | (non) Eiríkr II prestahatari Magnússon ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de outubro de 1268 ![]() Noruega ![]() |
Morte | 15 de xullo de 1299 ![]() Bergen, Noruega ![]() |
Causa da morte | inanición ![]() |
Lugar de sepultura | Catedral de Bergen (pt) ![]() ![]() |
![]() | |
1280 – 1299 ← Magno VI da Noruega (pt) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Familia | |
Familia | Casa de Sverre (pt) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Margarida, Princesa da Escócia (1281 (Gregoriano)–) Isabel Bruce ![]() |
Fillos | Margarida I de Escocia ( ![]() Ingeborg Eriksdottir of Norway ( ![]() ![]() |
Pais | Magno VI da Noruega ![]() ![]() |
Irmáns | Haakon V ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Erik Magnusson, alcumado o inimigo dos curas (en noruegués, Eirik prestehater). Nado no 1268 e finado en Bergen o 15 de xullo de 1299. Foi rei de Noruega de 1280 a 1299 baixo o nome de Eric II de Noruega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Erik foi o fillo máis vello de Magnus VI e Ingeborg de Dinamarca. Foi través da súa ascendencia materna, era descendente do rei Olaf o Santo e, polo tanto, co seu ascenso ao trono a descendencia de Olaf volveu a reinar en Noruega.
Reinado
[editar | editar a fonte]Foi coroado en Bergen o 2 de xullo de 1280, contando con só 12 anos de idade. Por mor da súa curta idade, o goberno recalou nas mans dos seus conselleiros, entre os que atopábase a súa nai, a raíña viúva, Ingeborg.
É recordado como un rei débil, cuxas decisións sempre estiveron influídas polos seus conselleiros, aínda cando acadou a maioría de idade (15 anos). Recibiu o sobrenome de o inimigo dos curas pola tensa relación que mantivo coa igrexa norueguesa. Porén, a situación en realidade reflectía a rivalidade do clero coa aristocracia, que se fixera co control do goberno.
Probablemente pola cuestión dos reclamos da herdanza da súa nai en Dinamarca, Erik II apoiou a bandidos que, como Stig Andersen Hvide, asolaron as costas dinamarquesas despois da morte de Erik V.
Finou en 1299 e foi sepultado na antiga catedral de Bergen. Ao non deixar descendentes varóns, foi sucedido polo seu irmán máis novo, Haakon.
Matrimonio e fillas
[editar | editar a fonte]En 1281, casou coa princesa Margarida de Escocia, filla do rei Alexandre III. O compromiso pactárase anos atrás, nun intento do seu pai, Magnus VI, de mellorar as relacións con Escocia. Margarida finou poucos anos despois, en 1283, dando a luz a súa filla.
O 25 de setembro de 1293 casou con outra princesa escocesa, Isabel Bruce, irmá de Roberto I de Escocia. Deste matrimonio tivo outra filla:
- Ingeborg (1297-1353), princesa de Suecia e duquesa de Finlandia, esposa do duque Valdemar de Finlandia.
Predecesor: Magnus VI |
Rei de Noruega 1280 - 1299 |
Sucesor: Haakon V |