Erik Gunnar Asplund
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1885 ![]() Estocolmo, Suecia ![]() |
Morte | 20 de outubro de 1940 ![]() Engelbrekt church parish, Suecia (en) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Skogskyrkogården, Kvarter 38, Grav 1B (1940–) 59°16′36″N 18°06′00″L / 59.27655, 18.1001 ![]() |
Educación | Instituto Real de Tecnologia (pt) ![]() Academia Real de Artes da Suécia (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estocolmo ![]() |
Ocupación | arquitecto ![]() |
Período de actividade | 1905 ![]() ![]() |
Empregador | Instituto Real de Tecnologia (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Hans Asplund ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Erik Gunnar Asplund, nado o 22 de setembro de 1885 e finado o 20 de outubro de 1940, foi un arquitecto sueco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Asplund formouse artisticamente na escola romántica sueca. As súas primeiras obras seguen esa orientación que pouco a pouco vai abandonando para crear unha versión moderna e moi persoal do neoclásico.
En 1930 constrúe os pavillóns da Exposición Internacional de Estocolmo, completamente modernos. Naquel ano a arquitectura moderna está representada principalmente polo racionalismo de Alemaña, Países Baixos e Francia. Asplund adopta as formas deste movemento, pero reinterprétao dunha forma persoal, máis libre e espontánea, na liña que pode considerarse de estilo orgánico.
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]- Biblioteca Pública de Estocolmo[1] (1918-1927), modelo para moitas bibliotecas posteriores.
- Ampliación da Casa do concello de Gotemburgo (1934-1937), obra de grande interese xa que resolve o problema estilístico de incorporar unha construción moderna a un edificio antigo.
- Crematorio do Cemiterio Sur de Estocolmo, deseñado xunto a Sigurd Lewerentz. Foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade.
Imaxes dalgúns edificios do arquitecto
[editar | editar a fonte]-
Biblioteca pública de Estocolmo.
-
Fachada da casa do concello de Gotemburgo.
-
Interior da casa do concello de Gotemburgo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha da Biblioteca de Estocolmo en greatbuildings.com (en inglés).