Erik Maell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Columbus, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | ilustrador |
Erik Maell, nado en Columbus, Ohio, é un ilustrador e deseñador de moedas estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Erik Maell cursou estudos superiores de Belas Artes no Columbus College of Art and Design, da súa cidade natal, no que se graduou en 1994,[1] cunha dobre especialización en Belas Artes e Ilustración.[2][3]
A súa obra pictórica foi obxecto de exposicións, tanto individuais como colectivas, en América e en Europa,[1] e como ilustrador traballou en diversos ámbitos, como a industria editorial, o deseño publicitario, a creación de logotipos e o deseño de páxinas web.[2][3]
Como ilustrador e deseñador gráfico independente, desenvolveu proxectos para clientes como Lucasfilm, Walt Disney Corporation, Universal Studios, Marvel Comics e DC Comics.[1][2]
Ademais, Erik Maell foi elixido polo Banco Central de Chipre para deseñar, xunto coa ilustradora chipriota Tatiana Soteropoulos, os anversos nacionais dese país da serie completa de moedas do euro, desde a dun céntimo ata a de dous euros, que comezaron a emitirse en 2002.[2][3][4][5]
En 2015, Maell publicou un libro titulado Mona Lisa Reimagined, no que compila unha serie de varios centos de recreacións desta mítica pintura.[1][2][3][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Mona Lisa Reimagined. Erik Maell". Columbus College of Art & Design.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Erik Maell". cy.ikedin.com
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Special Guest: Erik Maell". Cypruscomiccon.org
- ↑ Serie de moedas deseñadas por Erik Maell. Numista.com
- ↑ "Cyprus: Euro and cent coins". Deutsche Bundesbank. Eusosystem.
- ↑ Maell, E. (2015). Mona Lisa Reimagined. Goff Books. ISBN 978-1939621269