Saltar ao contido

Ermeloíta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ermeloíta
Fotografía e micrografía electrónica de barrido da ermeloíta
Fórmula químicaAl(PO₄)·H₂O
ClaseFosfatos
Sistema cristalinoMonoclínico

Ermeloíta é un mineral descuberto en Moaña en 2015 e descrito en 2022 na revista científica Mineralogical Magazine.[1] É da clase dos fosfatos, do grupo da kieserita.

O seu nome vén do monte Ermelo onde foi identificado.[2] Descubriuno persoal técnico de investigación da Área de Infraestruturas de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela.[3] É o cuarto mineral descuberto en Galicia ao longo da historia,[4] despois da morenosita, a cervantita e a bolivarita, todos eles descubertos na metade do século XIX.

Características

[editar | editar a fonte]

A ermeloíta é un fosfato de fórmula química Al(PO₄)·H₂O. Foi validada pola Asociación Mineralóxica Internacional en 2022, e divulgada nos medios de comunicación en 2024.[5] Cristaliza no sistema monoclínico. É o análogo AlP da kieserita, e é o equivalente pouco hidratado tanto da variscita como da metavariscita.

O primeiro exemplar que serviu para determinar a especie mineral (coñecido como material tipo) atópase conservado nas colecións mineralóxicas do Museo de Historia Natural da USC, co número de catálogo: cm64083, e e no Museo Geominero custódiase a mostra de ensaio utilizada para a súa caracterización química cuantitativa.[1]

Formación e xacementos

[editar | editar a fonte]

Foi descuberta no monte Ermelo, situado entre os concellos de Moaña e Bueu,[6] sendo o único lugar do planeta onde foi descrita esta especie mineral.

  1. 1,0 1,1 "A ermeloíta, un mineral único no mundo atopado en Galicia". Galicia Confidencial. Consultado o 2024-10-30. 
  2. Vérez, Guillermo Z.; Vázquez, Carlos J. Rodríguez; Mariño, Bruno Dacuña; Cereijo, Inés Fernández; Tánago, José González del; Martínez, Ramón Jiménez; Pérez, Ramiro Barreiro; Segurado, Raquel Antón; Fernández, Ezequiel Vázquez (2024-08). "Ermeloite, AlPO4⋅H2O a new phosphate mineral with kieserite-type structure from Galicia, Spain". Mineralogical Magazine (en inglés) 88 (4): 412–420. ISSN 0026-461X. doi:10.1180/mgm.2024.33. 
  3. "Descobren en Moaña a 'ermeloíta', un mineral descoñecido ata agora no mundo". Praza Pública. 2022-09-06. Consultado o 2022-09-10. 
  4. "Descobren na Galiza un mineral inédito no mundo, a ermeloíta". Nós Diario. 5 de setembro de 2022. Consultado o 14 de setembro de 2022. 
  5. "Ermeloite, AlPO4⋅H2O a new phosphate mineral with kieserite-type structure from Galicia, Spain". pubs.geoscienceworld.org (en castelán). 
  6. Queijeiro, Laura (2022-09-06). "Ermeloíta, el mineral nunca antes visto en el mundo descubierto en un monte de Pontevedra". Telecinco (en Spanish). Consultado o 2024-10-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.