Ernesto Ferro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1926 Ourense, España |
Morte | 10 de febreiro de 2013 (86/87 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, ebanista |
Ernesto Ferro Borrajo, nado en Ourense en 1926 e finado na mesma cidade o 10 de febreiro de 2013, foi un ebanista e actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Ourense, herdou de seu pai a profesión de ebanista, na que traballou até a súa xubilación.[1] Posteriormente comezou a facer teatro no grupo Aturuxo de Ourense e aos 75 anos debutou como actor de televisión co papel de Don Cosme na serie da Televisión de Galicia Pequeno Hotel.
Traballou tamén no cine, nos filmes Días de voda e O ano da carracha e nos seguintes anos tivo pequenos papeis en series de televisión como Libro de familia, Terra de Miranda, Hospital Central ou Pepe o inglés. Faleceu en Ourense aos 86 anos de idade.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]- Días de voda (2002), de Juan Pinzás. Como avó.
- O ano da carracha (2004), de Jorge Coira.
Televisión
[editar | editar a fonte]- Pequeno Hotel (2001). Como Don Cosme.
- Libro de familia (2005).
- Terra de Miranda (2005).
- Hospital Central (2005). Como Paco.
- Pepe o inglés (2006).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falece o actor Ernesto Ferro, habitual das series galegas". La Región. 12 de febreiro de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2024.