Ernesto Geisel
Aparencia
Ernesto Geisel, nado en Bento Gonçalves (Rio Grande do Sul) o 3 de agosto de 1907 e finado no Río de Xaneiro o 12 de setembro de 1996, foi un militar e político brasileiro. Xeneral de exército, foi presidente do seu país do 15 de marzo de 1974 ao 15 de marzo de 1979.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia protestante, e ingresou no Colexio Militar en 1921. Entre 1969 e 1973 participou da dirección da estatal petrolífera brasileira, a Petrobras. Despois de asumir a presidencia da república en 1974, comezou o proceso de apertura política brasileira, co relaxamento da censura e o abrandamento dalgunhas leis de represión, que foran impostas no país despois do golpe militar de 1964. O seu sucesor, João Baptista Figueiredo, deu continuidade ó proceso de apertura.
Presidente do Brasil | ||
---|---|---|
Segue a: Garrastazu Médici |
Ernesto Geisel | Precede a: João Figueiredo |
ARENA |