Saltar ao contido

Erwin Piscator

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErwin Piscator

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1893 Editar o valor en Wikidata
Greifenstein, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de marzo de 1966 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Starnberg, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWaldfriedhof Zehlendorf (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónGymnasium Philippinum Marburg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector teatral, director de teatro, guionista, montador, escritor, realizador, teatrólogo (pt) Traducir, director de cinema, produtor de cinema Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Alemaña Editar o valor en Wikidata
ProfesoresArtur Kutscher (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosBert van der Linden, Tennessee Williams e Marlon Brando Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaria Ley (1937–) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Пискатор Эрвин)
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 9, (p.304) Editar o valor en Wikidata
Sitio weberwin-piscator.de Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0685442 IBDB: 5440
BNE: XX868120 Find a Grave: 9462066 Editar o valor en Wikidata

Erwin Friedrich Maximilian Piscator, nado en Greifenstein-Ulm o 17 de decembro de 1893 e finado en Stanberg o 30 de marzo de 1966, foi un director e produtor teatral alemán; xunto con Bertolt Brecht foi o principal expoñente do teatro épico, forma que enfatiza o contido sociopolítico do drama por riba da manipulación emocional da audiencia ou da beleza formal da produción.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]
O Volksbühne Berlin, onde Piscator logrou os seus primeiros éxitos como director de escena en 1924

Piscator era fillo do comerciante Carl Piscator e de Antonia Laparose.[2] A súa familia descendía do teólogo protestante Johannes Piscator.[3] Tras moverse a súa familia a Marburgo Piscator estudou no Gymnasium Philippinum desa localidade. En 1913 entrou na Universidade de Múnic estudando alemán, filosofía e historia da arte. Piscator tamén asistiu ao seminario de Arthur Kutscher sobre a historia do teatro, ao que posteriormente tamén Bertolt Brecht asistiría[4]. Formado como actor na escola de Otto König, comezou a actuar, de balde, en 1914 en pequenos papeis no Teatro Nacional de Múnic, so a dirección de Ernst von Possart.

Durante a primeira guerra mundial Piscator serviu no exército alemán en infantaría, destinado desde a primaverea de 1915 á fronte en comunicacións. A súa experiencia bélica levouno a terlle xenreira ao militarismo e á guerra o resto da súa vida, e a publicar algúns poemas en 1915 e 1916 na revista literaria expresionista de esquerdas Die Aktion. No verán de 1917 tomou parte na Primeira Batalla de Ypres e en novembro de 1918 logo do armisticio, Piscator deu un discurso en Hasselt na primeira xuntanza dun Consello de Soldados Revolucionarios ao estilo dos soviets.

Primeiros éxitos na República de Weimar

[editar | editar a fonte]
O Piscator-Bühne en Berlin (1927–29), antigo Neues Schauspielhaus

En colaboración co escritor Hans Rehfisch, formou un "Volksbühne proletario” en Berlín nun teatro-comedia, onde na tempada 1922–1923 representaron obras de Maxim Gorky, Romain Rolland e Lev Tolstoi.[5] Desde a súa primeira produción no Volksbühne (1924–1927), Fahnen de Alfons Paquet que foi a primeira producida por Piscator que recibiu o nome de drama épico[6], e logo como director do seu propio teatro, o Piscator-Bühne en Nollendorfplatz, Piscator produciu pezas de forte contido social e político, que reflectían a súa concepción do feito dramático como unha ferramenta para influenciar os votantes cara a políticas de esquerdas. En 1926 causou controversia a montaxe que realizou da obra de Friedrich Schiller Die Räuber no Preußisches Staatstheater, recortando o texto amplamente e reinterpretándoo como un vehículo para as súas crenzas políticas. Piscator fundou o influente, aínda que de curta duración, Piscator-Bühne en Berlín en 1927. En 1929 Piscator publicou o ensaio Das Politische Theater.

Obra internacional, emigración e volta a Alemaña

[editar | editar a fonte]
Piscator foi director teatral do Freie Volksbühne Berlin desde 1962 deica a súa morte.

En 1931 Piscator marchou á Unión Soviética para realizar o filme Wosstanie Rybakow, baseado nunha novela de Anna Seghers, para a Mezhrabpom, a compañía cinematográfica soviética asociada co Alivio Obreiro Internacional.[7] Coa chegada de Hitler ao poder en 1933 a estadía no estranxeiro converteuse en exilio,[8] vivindo en París, onde 1937 casou coa bailarina Maria Ley e en 1939 estableceuse nos Estados Unidos, alí Alvin Johnson, o presidente fundador da universidade The New School, convidouno a establecer unha escola de teatro asociada, a Dramatic Workshop, entre os estudantes de Piscator estiveron Bea Arthur, Harry Belafonte, Marlon Brando, Tony Curtis, Ben Gazzara, Judith Malina, Walter Matthau, Rod Steiger, Elaine Stritch, Eli Wallach e Tennessee Williams.[9]

Piscator estableceuse en Alemaña Occidetnal en 1951 por mor da presión política dos tempos do McCarthyism.[10] Foi director do Freie Volksbühne en Berlín Occidental desde 1962, converténdose ata a súa morte nun dos maiores expoñentes do teatro contemporáneo e documental, neste último campo puxo en escena unha peza de Peter Weiss escrita a partir das actas proceso aos responsables do campo de Auschwitz ou outra obra de Rolf Hochhuth poñendo en evidencia a actitude do papa Pío XII e por extensión da igrexa católica durante a segunda guerra mundial.

  1. Piscator, Erwin. Grolier Encyclopedia of Knowledge, volume 15, 1991. Grolier Inc., ISBN 0-7172-5300-7
  2. Willett, John (1978) The Theatre of Erwin Piscator: Half a Century of Politics in the Theatre. London: Methuen. páx. 13.
  3. Willett, páx. 42
  4. Willett, páx. 43)
  5. Willett, pp. 15–16, 46–47
  6. Cody, Gabrielle H. (2007) The Columbia Encyclopedia of Modern Drama, Volume 2. Columbia University Press, páx. 1076
  7. Gerhard F. Probst (1991) Erwin Piscator and the American Theatre. New York etc.: Peter Lang, p. 7. ISBN 0-8204-1591-X
  8. Hermann Haarmann: Politisches Theater im Geiste der Polis. Die späte Heimkehr des Erwin Piscator. En: Freie Volksbühne Berlin 1890–1990. Beiträge zur Geschichte der Volksbühnenbewegung in Berlin. Ed. por Dietger Pforte. Berlín: Argon 1990. Pp. 195–210, p. 195.
  9. Willett p. 166
  10. Alexander Stephan (1995) Im Visier des FBI. Deutsche Exilschriftsteller in den Akten amerikanischer Geheimdienste. Stuttgart, Weimar, páx. 373.