Es un Árbol
Aparencia
Es un Árbol | |
---|---|
Orixe | Vigo, ![]() |
Período | 2003-presente |
Xénero(s) | rock |
Selo(s) discográfico(s) | Metamovida |
Membros | Sergio Álvarez David Santos Borja Fernández Rubén Abad |
Na rede | |
http://www.esunarbol.com |
Es un Árbol é unha banda galega formada no ano 2003 en Vigo. O grupo forma parte do colectivo musical La Metamovida. No presente está composto por Rubén Abad, David Santos (os dous tamén en Cró!), Borja Fernández e Sergio Álvarez. Os seus membros definen a súa música como "rock absurdo".[1]
O grupo leva publicados dous álbums de estudio ata a data. O primeiro deles, La Buena Nueva, autoeditárono en febreiro de 2012, e o segundo, En El Parlamento, apareceu en xullo de 2014 a través do selo Metamovida.[1]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
La Buena Nueva | 2012 | autoproducido |
En El Parlamento | 2014 | Metamovida |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Es Un Árbol". La Fonoteca. Consultado o 2 de novembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 15 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
- Bandcamp do grupo