Escairón, Vilasante, O Saviñao
Aparencia
Escairón | |
---|---|
Casa do Concello do Saviñao. | |
Parroquia | Vilasante |
Concello | O Saviñao |
Coordenadas | 42°35′06″N 7°38′22″O / 42.585, -7.63944444444 |
Poboación | 860 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Escairón é unha vila da parroquia de Vilasante, capital do concello lugués do Saviñao, na comarca de Terra de Lemos.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 860 habitantes (426 homes e 424 mulleres). Isto supón un aumento con respecto ao ano 1999 cando tiña 835 habitantes.
Economía
[editar | editar a fonte]En Escairón hai feira os días 8 e 19 de cada mes. Nesta vila está asentada a empresa Adegas Moure.
Festas
[editar | editar a fonte]
Na primeira semana de agosto celébranse as festas patronais na honra da Nosa Señora das Dores. Na mañá do último día de festa celébrase unha carreira de burros, seguida da competición do tiro de corda por parroquias.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilasante
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Vilasante no concello do Saviñao (Lugo) | |
---|---|
Casadela | Escairón | A Igrexa | Mosteiro | Pacios | O Souto | Vilasante |
Parroquias do Saviñao
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Vilasante, O Saviñao". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.