Escalada ao Montjuic
Tipo | competição de ciclismo extinta (pt) ![]() ![]() |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta ![]() |
Organizador | Q11920694 ![]() ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Barcelona (Barcelonès) 41°22′57″N 2°10′37″L / 41.3825, 2.1769 ![]() |
País | España ![]() |
Vixencia | 1964 – ![]() |
Calendario da tempada | outubro – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
A Escalada a Montjuic (tamén coñecida como Subida a Montjuic) era unha competición ciclista disputada en Cataluña durante o mes de outubro, cerca do final da tempada ciclista profesional.
Celebrouse dende o ano 1965 ao 2007. A proba que se disputaba nun circuíto sobre a montaña de Montjuic constaba de varias probas distintas: veteranos, féminas, elite sub-23, cadetes, júniors e profesionais, ademais dunha proba en tándem para invidentes, a proba profesional se disputaba sobre dous sectores, unha proba en liña e outra contra o reloxo. A última edición, que xa non estaba no calendario de carreiras da Unión Ciclista Internacional a pesar de seguir contando con corredores profesionais, foi no 2007.
Eddy Merckx, con seis triunfos, é o ciclista que máis veces gañou a proba, seguido de Marino Lejarreta, que o fixo en cinco ocasións.
Estivo organizada por l'Esport Ciclista Barcelona.