Escamots Autònoms d'Alliberament
Aparencia
Escamots Autònoms d'Alliberament é unha organización armada catalá que loita pola reunificación, a independencia e o socialismo nos Países Cataláns.
Apareceu a principios de 1994,[1] pouco despois da autodisolución de Terra Lliure III Asemblea e pouco antes da autodisolución de Terra Lliure IV Asemblea. Os seus principios exprésanse nun libro de circulación restrinxida dende o cal animan os cidadáns cataláns a levaren a termo accións armadas pola liberación nacional dos Países Cataláns e que é tamén un manual para a fabricación de artefactos explosivos.
Relación de accións armadas
[editar | editar a fonte]- Bomba incendiaria contra as oficinas do INEM (Barcelona, 2 de febreiro de 1994)
- Artefacto explosivo conta as oficinas do INEM (Sabadell, 5 de febreiro de 1994)
- Bomba incendiaria contra as oficinas do INEM (Barcelona, 22 de febreiro de 1994)
- Artefacto explosivo contra os xulgados de Sabadell (26 de febreiro del 1994)
- Cóctel molotov contra un concesionario Renault (Barberà del Vallès, 8 de xuño de 1994)
- Libro-bomba contra o avogado Esteban Gómez Rovira (3 de outubro de 1994)[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Un grupo armado pide la independencia de Cataluña El Mundo (en castelán)
- ↑ ElPaís.com, ed. (2 de outubro de 1994). "Bomba contra el abogado Gomez Rovira" (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2021.