Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo
Aparencia
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A Escola de Música e Danza de Ribadeo (EMMeD) é un centro de ensino complementario, tal como di o nome, de música e danza da vila mariñá de Ribadeo. Depende da área de cultura de dito concello.
Fúndase no outono de 1993. Baséase na normativa de escolas de música de Galiza, que lles permite aos centros deste estilo unhas características propias, diferenciándose así dos conservatorios.
A EMMeD ten dous obxectivos: levar a cabo un proxecto que sexa pedagoxicamente atractivo e, ao mesmo tempo, que sexa musicalmente eficaz.