Escola eleática
A' escola eleática foi unha escola de filosofía que existiu principalmente no século -VI. Chamouse así porque naceu e se desenvolveu na cidade de Elea, na Magna Grecia. O seu fundador parece ser Xenófanes de Cólofon, sendo moi posibelmente o seu membro principal Parménides, aínda que tamén tivo como membros o historicamente coñecido Zenó de Elea, e o almirante Meliso de Samos. Entre os filósofos dos séculos -VI e -V que foron influenciados polas súas teorías, están, por exemplo, Sócrates, Euclides de Megara, Demócrito, Empédocles e, sobre todo, Platón. As teorías da escola de Elea posibelmente desenvolvéronse en oposición a Heráclito, un contemporáneo desta escola. Foi de gran influencia na escola de Mégara[1]
A escola de Elea foi unha das primeiras da tradición occidental en defender, polo menos no plano filosófico, as teorías metafísicas. Aínda que Heráclito suxeriu lixeiramente a metafísica nos seus escritos (especialmente na súa particular declaración do Logos), os eleáticos contradín a Heráclito en que afirmaban a unidade e inmutabilidade do Ser, fronte á teoría heraclitea, que afirma precisamente a pluralidade e o cambio constante do Ser[2].
Case sen dúbida, o escrito máis importante da escola de Elea (bastante poucos sobreviviron) é o poema de Parménides, parcialmente conservado. Non obstante, tamén se conservou algún escrito de cada un dos outros tres membros desta escola, maioritariamente a través de fontes indirectas[3].
En certo modo, a unidade do Ser era, daquela, unha gran novidade filosófica. A frase emblemática da Unidade do Ser era "o ser é, o non ser non é "[4].
Tamén os catro membros desta escola tentan descubrir a relación entre o ser (inmutable) e o parecer (cambio, aparencia), e entre o pensamento (realidade verdadeira) e a realidade física material (aparencia e ficción). Tamén Parménides e a escola de Elea contrastan a verdade da unidade do ser con "a ficción das opinións dos mortais"; en efecto, segundo as opinións dos homes, as cousas cambian, contrariamente á “verdade” do ser, que nunca cambia, nin no espazo nin no tempo, permanecendo sempre paralizada na eternidade; tanto é así, que emocionalmente "non pode nin sufrir nin sentir pena"[5].
Porén, o desenvolvemento máis profundo (e as futuras innovacións) da escola eleana non se atopa nos seus propios membros, senón nos pensadores que colleitaron a súa influencia, xa sexa nun "desenvolvemento científico" das súas ideas (Demócrito), nun desenvolvemento metafísico e ontolóxico (Platón, gran escola socrática) ou mesmo na creación dunha ética fundamentalmente individualista, física e pragmática (Euclides de Mégara, escolas socráticas), escola socrática menor)[6][7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eleatas o eleáticos". Filosofía en español.
- ↑ Aristóteles, Metafísica, I, cap. V, 986b20.
- ↑ Guthrie, W. K. C. Historia de la filosofía griega. Gredos. p. 375.
- ↑ Kirk, Raven y Schofield (1981). Los filósofos presocráticos. Gredos. p. 413.
- ↑ Platón, Parménides 127 b 5.
- ↑ Kirk, Raven y Schofield. Los filósofos presocráticos. Gredos. p. 21.
- ↑ Guthrie, W. K. C. Historia de la filosofía griega. Gredos. p. 114.