Escriba
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ab/Irakischer_Maler_von_1287_002.jpg/200px-Irakischer_Maler_von_1287_002.jpg)
Un escriba era o copista ou amanuense da Antigüidade. Na civilización do Antigo Exipto era un personaxe fundamental, pois eran cultos, expertos en escritura xeroglífica, e coñecían os secretos do cálculo, sendo os únicos capaces de avaliar os impostos, asegurar os traballos de construción e transcribir as ordes do faraón. Para os antigos xudeus era o copista das Sagradas Escrituras e, posteriormente, incluso o doutor e intérprete da lei[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escriba.